"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
CAPITAIS
Capital de Colombia e do departamento de Cundinamarca, constitúe ao mesmo tempo, un distrito especial (4.945.448 h [estim 1997]). Situada a 2.640 m sobre o nivel do mar, o clima é temperado. A cidade é un núcleo industrial importante, especialmente químico, téxtil, papeleiro e cervexeiro; ademais, é moi característica a súa industria de sombreiros. Así mesmo, co obxecto de recibir novos investimentos económicos, abriuse unha zona franca. Na cidade están, entre outras, as sedes da Universidade Nacional de Colombia, fundada no 1867, e da Pontificia Universidade Javeriana, fundada no 1622. Na cidade hai algunhas igrexas que se remontan ao s XVI. Entre os edificios civís, destaca o pazo de San Carlos. Fundada p
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Novena sesión da Conferencia Panamericana, organismo da Unión Panamericana, celebrada en Bogotá (abril de 1948). Nela decidiuse a creación da Organización dos Estados Americanos (OEA).
-
-
Relativo ou pertencente a Bogotá.
-
Natural ou habitante de Bogotá.
-
-
PERSOEIRO
Rei da Mauritania occidental, documentado a partir do 49 a C. Interveu nas loitas civís romanas, ao principio a favor de Xulio César, e despois con Antonio contra os partidarios de Octavio. Tralo triunfo deste último, fuxiu ao Mediterráneo oriental e foi asasinado por Agripa en Mesenia, no ano 31 a C.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cova onde desovan as bogas.
-
Rede empregada na pesca das bogas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga liñaxe de orixe xudía que fundou casa en Ribadeo. As súas armas levan, en campo de azul, baixo ondas de azul e prata, unha bogueira. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Bogueiro, Bogo, Bogón, Boga e Bogardo.
-
-
Rede para pescar bogas ou outros peixes miúdos.
-
Unha das partes que forman as tres follas ou menas da boca da arte de pesca coñecida co nome de xábega.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
bucina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe oriúnda da Coruña. As súas armas levan, en campo de goles, unha boguina. Relaciónase tamén con esta caste o apelido Buguina.
-
PERSOEIRO
Escritor romanés. Foi xornalista na Guerra Civil española (1936-1939). Publicou, entre outras, Jurnal de sex (Diario de sexo, 1930) e cinco volumes de prosa (1956-1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao bohaírico.
-
Dialecto copto da rexión de Alexandría. Foi convertido, a partir do s XI, na lingua literaria e litúrxica copta.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ópera en catro actos de Giacomo Pucini, con libreto de Giuseppe Giacosa e Luigi Illica, baseada en Scènes de la vie Bohème (Escenas da vida bohemia), de Henri Murger (Turín, 1896). Un dos produtos máis típicos do Naturalismo operístico italiano, a súa autenticidade teatral fixo dela a ópera máis popular de Pucini. Ruggiero Leoncavallo escribiu unha ópera homónima estreada en Venecia en 1897.
-
REXIÓNS
Rexión da Europa central que constitúe, xunto con Moravia, a República Checa (52.769 km2; 6.288.356 h [1991]). Está formada polas provincias de Bohemia Central, Bohemia Oriental, Bohemia Setentrional e a capital, Praga.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
Constituída polo macizo de Bohemia, o macizo herciniano máis grande de Europa, e, ao NO, polos macizos eruptivos de Doupovské e České Strědohří, orixe de numerosas fontes termominerais. Bohemia forma unha conca hidrográfica regada polo curso superior do Elba (Labe), o Ohře e o Vltava. Ten un clima continental. As montañas están cubertas de bosque, do que se aproveita a madeira. A agricultura está moi desenvolvida nos vales dos ríos. O carbón das concas de Kladno-Rakovník, Plzeň e Žacleř, e os lignitos da fosa tectónica do NO, xunto co ferro dos montes Metálicos, deron orixe ás industrias metalúrxicas e mecánicas. As areas de cuarzo dos vales dos ríos Ohře, Bílina e Luzická Nisa, e... -
VER O DETALLE DO TERMO
Kraj da República Checa (11.003 km2; 1.112.374 h [1991]). A capital é Praga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Kraj da República Checa (11.345 km2; 697.334 h [1991]). A capital é Ceské Budĕjovice.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Kraj da República Checa (10.876 km2; 860.311 h [1991]). A capital é Plzeň.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Kraj da República Checa (11.240 km2; 1.232.646 h [1991]). A capital é Hradec Králové .
-
VER O DETALLE DO TERMO
Kraj da República Checa (7.8102; km 1.173.681 h [1991]). A capital é Ústí nad Labem.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema montañoso situado entre Baviera e Bohemia, e que constitúe un dos catro macizos que bordean o cuadrilátero de Bohemia e a división de augas entre as concas do Danubio e do Elba.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade administrativa baixo soberanía alemá creada por Hitler en marzo de 1939, cando se produciu o desmembramento de Checoslovaquia. Comprendía as provincias checas de Bohemia e Moravia, excepto os territorios dos Sudetes, que xa pertencían ao Reich dende os acordos de Múnic (setembro do 1938).