"Lac" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 769.

    1. Relativo ou pertencente ás rodomeláceas.

    2. Alga da familia das rodomeláceas.

    3. Familia de algas ceramiais, da clase das rodofíceas, con talo plano e articulado, normalmente con moitas ramificacións. Entre os xéneros que pertencen a esta familia destaca pola súa presenza en Galicia o xénero Polysiphonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de rotular.

    2. Rótulo ou conxunto de rótulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás rusuláceas.

    2. Fungo da familia das rusuláceas.

    3. Familia de fungos basidiomicetos, da orde dos rusulais, integrada por fungos de carpóforos grandes ou medianos, coa carne granulada, non fibrosa, coas esporas de cores claras e con ornamentacións amiláceas e sombreiro de cor variable desde rosada ata verde, as láminas de cor branca e o pé cilíndrico, de cor branca. Poden ter sabor doce ou picante. En Galicia pódese atopar o xénero Russula, con especies como R. cyanoxantha ou R. nigricans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico estadounidense. Realizou estudos sobre a acústica das salas e a reverberación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Saco pequeno.

    2. Calidade de saculado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de salaz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sombreiro de forma elipsoidal feito dun tecido de tiras de palma ou de cana que se usa nalgúns países orientais de clima caloroso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor dramático francés. Escribiu obras de liña surrealista, das que destacan Le casseur d’assiettes (1923) e Tour à terre (1925). Tamén escribiu Un homme comme les autres (1936), Les nuits de la colère (1946), Le miroir (1956) e La rue noire (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humorista. Coñecido como Tip, comezou a súa traxectoria artística no teatro, en 1944, e despois na radio, formando parella con Joaquín Portillo como Tip y Top e, tras a morte deste, en 1969, con José Luis Coll como Tip y Coll. Nesta segunda etapa acadaron un grande éxito no cine, na radio e, especialmente, na televisión, cun humor absurdo e dislocado con trazos semellantes aos de Groucho Marx.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Alacant, Comunitat Valenciana (16.585 h [2001]). A principal actividade industrial é a dos mobles, pero a maioría da poboación activa dedícase ao sector dos servizos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás santaláceas.

    2. Planta da familia das santaláceas.

    3. Familia de plantas herbáceas ou leñosas semiparasitas, da orde das santalais, de follas simples, enteiras, opostas ou alternas, ás veces escamiformes. As súas flores son bisexuais ou unisexuais, pequenas, actinomorfas, de periantio tubular e a miúdo carnoso, case sempre agrupadas en inflorescencias. Os froitos son indehiscentes e monospermos, xeralmente drupáceos. Aparecen nas zonas cálidas e temperadas. En Galicia aparece a xesta mansa (Osyris alba).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pazo de Xelmírez.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos selacios.

    2. Peixe da orde dos selacios.

    3. Orde de peixes, da clase dos condritios, de lonxitude variable (ata máis de 15 m) e corpo de fusiforme a discoide, fociño aguzado, en serra ou en martelo, cuberto de dentículos dérmicos ou escamas cutáneas que na boca se diferencian en filas de dentes, e con endoesqueletos cartilaxinosos. As branquias son internas, manteñen os opérculos e teñen de 5 a 7 fosas branquiais externas en cada costado e un par de espiráculos de carácter respiratorio. Teñen a boca en posición ventral e o olfacto e a liña lateral sensitiva moi desenvolvidos. Case todos son depredadores e mariños, de costumes peláxicos ou abisais, segundo as especies, e habitan en profundidades non moi grandes, con poucas excepcións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás selaxineláceas.

    2. Planta da familia das selaxineláceas.

    3. Familia de plantas da orde das selaxinais, integrada por plantas herbáceas, de talos decumbentes ou dereitos, de follas pequenas, dispostas en espiral ou en filas, e provistas dunha lígula. Comprende unhas 700 especies, do xénero Selaginella, a maioría, propias das zonas cálidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte dun movemento periódico correspondente á metade dunha oscilación, como a comprendida entre os momentos t=0 e t=T/2, sendo T o período. En particular, no movemento harmónico a elongación máxima denomínase amplitude de semioscilación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso mediante o que se introduce na estrutura dunha molécula orgánica un radical trialquisililo, xeralmente o trimetilsililo (-Si(CH3)3)). Aplícase tanto na análise química, na formación de derivados volátiles que poden ser estudados por cromatografía, coma na síntese orgánica, por constituír un método de protección de diversos grupos funcionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Neurólogo e histólogo. Estudou medicina en València. Foi o introdutor da neurohistoloxía e da psicoloxía experimental en España, un dos mestres de Santiago Ramón y Cajal, impulsor destacado da Asociación Española para el Progreso de las Ciencias (1907) e participou na organización da Junta de Ampliación de Estudios (1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de simular.

    2. Representación dun fenómeno de natureza física, técnica, biolóxica, psicolóxica, militar ou económica mediante un modelo físico ou matemático que permite unha análise máis sinxela, económica ou inocua coa que se pode realizar sobre o orixinal. A maioría de modelos de simulación toman a forma dun programa de cálculo por ordenador, aínda que algunhas etapas da simulación adoitan realizarse coa axuda de calculadoras analóxicas.

    3. Alteración aparente da causa ou do obxecto verdadeiro dun acto ou contrato coa intención de enganar a un terceiro, facéndolle crer que se trata doutro distinto. Cando afecta dun xeito substancial ao obxecto dun contrato prodúcese a anulación dese contrato, e a persoa prexudicada ten dereito a reclamar danos e prexuízos.

    4. Técnica que se emprega en investigación operacional e que consiste en construír un modelo simbólico dun sistema ou dun proceso complexo, de xeito que se representen os seus elementos mediante os procesos lóxicos e aritméticos que se poden executar cun programa de ordenador, a fin de estudar o comportamento do sistema e medir as súas propiedades dinámicas.

    5. Semellanza que ten unha enfermidade con outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción que se realiza imitando unha situación real.

    2. Exercicio da instrución militar feito en condicións o máis semellantes posible ás do combate auténtico.

    VER O DETALLE DO TERMO