selacio -cia
(< grσελάχιον)
-
adx
Relativo ou pertencente aos selacios.
-
s
m
[ANIMAL/ICT]
Peixe da orde dos selacios.
-
s
m pl
[ANIMAL/ICT]
Orde de peixes, da clase dos condritios, de lonxitude variable (ata máis de 15 m) e corpo de fusiforme a discoide, fociño aguzado, en serra ou en martelo, cuberto de dentículos dérmicos ou escamas cutáneas que na boca se diferencian en filas de dentes, e con endoesqueletos cartilaxinosos. As branquias son internas, manteñen os opérculos e teñen de 5 a 7 fosas branquiais externas en cada costado e un par de espiráculos de carácter respiratorio. Teñen a boca en posición ventral e o olfacto e a liña lateral sensitiva moi desenvolvidos. Case todos son depredadores e mariños, de costumes peláxicos ou abisais, segundo as especies, e habitan en profundidades non moi grandes, con poucas excepcións.