"Omo" (Contén)

Mostrando 16 resultados de 696.

  • Motocicleta con motor de pouca cilindrada ou bicicleta provista dun motor auxiliar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Menaem ben Šelomó Meiri.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da xeodinámica externa que se ocupa do estudo das formas da superficie terrestre e das forzas que as orixinan, é dicir, das formas do relevo terrestre. Un dos factores decisivos na evolución morfolóxica do relevo é a erosión, polo que unha gran parte da xeomorfoloxía estuda en profundidade os fenómenos erosivos. As leis da xeomorfoloxía serven para a interpretación da forma de actuar das forzas terrestres en tempos pasados e contribúen a comprender mellor a xeoloxía histórica e a sedimentoloxía. É tamén unha ciencia indispensable para os xeógrafos, posto que describe e explica o contorno natural que pode condicionar unha parte das actividades humanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da xeomorfoloxía que se ocupa da orixe das formas do relevo. O seu labor fundamental é a datación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao vexetal que pola súa morfoloxía externa ou pola súa estrutura está adaptado á sequidade. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • pseudohermafroditismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á planta polígama con flores hermafroditas e flores femininas nun mesmo individuo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo, pai e doutor da Igrexa. Formouse na escola de Libanio xunto a san Basilio o Grande, estudou teoloxía con Diódoro bispo de Tarso e destacou pola súa elocuencia. Ordenado sacerdote (376), foi diácono (381) e presbítero de Antioquía (386), desenvolvendo unha intensa actividade pastoral, consagrada fundamentalmente á predicación. En 398 foi consagrado arcebispo e patriarca de Constantinopla, pero as súas predicacións provocaron a inimizade da Emperatriz Eudoxia e doutros bispos e, tras o Sínodo de Quene (403), foi deposto e desterrado a Bitinia. A indignación popular forzou o seu retorno, pero Eudoxia conseguiu que fose novamente exiliado a Ponto (404). A partir do s VI recibiu o alcume de Crisóstomo (Boca de Ouro) pola súa elocuencia. As súas obras están formadas por predicacións esexéticas, sermóns de circunstancias, homilías litúrxicas entre as que destacan as catequeses bautismais, e tratados. A súa festividade celébrase o 13 de novembro en Oriente e o 13 de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar xaponés. Foi un dos líderes da revolución de 1898 e tivo un papel fundamental no restablecemento imperial. Xefe do goberno na Guerra Ruso-xaponesa, foi ministro da Guerra en varias ocasións e presidiu o Consello Secreto do Estado (1905-1913).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tradutor e escritor xudeu. Considerado un dos prosistas máis notables da literatura hebrea medieval, destaca Ta Palatino; Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥ kĕmoní, onde recolle contos, proverbios, poemas e crítica literaria. Compuxo tamén un libro de 257 poesías de estilo sapiencial e relixioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Guinea (2.183 km2; 74.417 h [1983]). A capital é Yomou (5.500 h [1965]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Primeiro shōgun de Xapón (1185-1199), fillo de Yoshitomo (1123-1160). Tomou o título de shōgun e fundou en Kamakura un goberno militar (bakufu). Definiu as características políticas e institucionais do shogunado, que persistiron ata o s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • oivodato de Polonia (22.902 km2; 1.733.848 h [estim 2000]). A súa capital é Szczecin

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Utilización de animais en arte, ornamentación ou simboloxía.

    2. Culto relixioso que adora as divindades animais.

    3. Crenza popular que admite a transformación do home en animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma ou aspecto de animal.

    VER O DETALLE DO TERMO