Xoán Crisóstomo, san
Arcebispo, pai e doutor da Igrexa. Formouse na escola de Libanio xunto a san Basilio o Grande, estudou teoloxía con Diódoro bispo de Tarso e destacou pola súa elocuencia. Ordenado sacerdote (376), foi diácono (381) e presbítero de Antioquía (386), desenvolvendo unha intensa actividade pastoral, consagrada fundamentalmente á predicación. En 398 foi consagrado arcebispo e patriarca de Constantinopla, pero as súas predicacións provocaron a inimizade da Emperatriz Eudoxia e doutros bispos e, tras o Sínodo de Quene (403), foi deposto e desterrado a Bitinia. A indignación popular forzou o seu retorno, pero Eudoxia conseguiu que fose novamente exiliado a Ponto (404). A partir do s VI recibiu o alcume de Crisóstomo (Boca de Ouro) pola súa elocuencia. As súas obras están formadas por predicacións esexéticas, sermóns de circunstancias, homilías litúrxicas entre as que destacan as catequeses bautismais, e tratados. A súa festividade celébrase o 13 de novembro en Oriente e o 13 de setembro en Occidente.
Cronoloxía
-
Deceso
Lugar : Comana, Ponto