"Pin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 715.

  • PERSOEIRO

    Político ruso. Foi presidente do Consello de Ministros (1906) e tivo unha actuación política autoritaria. Levou a cabo unha reforma agraria (1911), acelerou a política de rusificación de Finlandia e impulsou a colonización de Siberia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Operación á que se somete o queroseno, o gasóleo e outros produtos derivados do petróleo, para reducir a súa inflamabilidade, mediante a eliminación das fraccións máis volátiles, xeralmente pola inxección de vapor de auga.

    2. Película de soporte groso e emulsión fina que, logo de ser insolada e revelada, pode ser facilmente separada do soporte, o que permite facer pequenas correccións, como enganchar letras soltas ou pequenos anacos de trama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Moscova, Rusia (73.000 h [1987]). Destaca o complexo metalúrxico e as fábricas de aviación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Contraalmirante da Armada. Foi comandante da Mariña na Coruña, onde fundou e dirixiu a Escuela Náutica. Colaborou en Revista General de Marina, Cuadernos de Tiro Naval e El Correo Gallego. Apoiou a tese de que C. Colón era pontevedrés. Foi correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está situado ao pé dos Alpes.

      1. Relativo ou pertencente ao piso subalpino.

      2. piso subalpino

        Piso altitudinal que está inmediatamente baixo o piso alpino e cuxa vexetación máis característica é o bosque de coníferas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Posición dunha persoa que está tumbada sobre as costas.

    2. Movemento de rotación do antebrazo que fai xirar a man de dentro para fóra coa palma cara a arriba ou cara a adiante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao músculo do antebrazo que produce a supinación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está deitado sobre as costas e boca arriba.

    2. Que é moi grande ou está no seu grao máis alto.

    3. Forma nominal do verbo propia dalgunhas linguas indoeuropeas de tipo antigo. En latín, morfoloxicamente, é un substantivo da cuarta declinación, constituído polo sufixo -tum (acompaña verbos de movemento) ou -tu (emprégase con adxectivos que significan ‘bonito’, ‘bo’, ‘útil’ ou ‘digno’) engadido á raíz do verbo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Perak, Malaisia, situada a 113 km da costa do mar de Andaman (183.320 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revolta de carácter social e político levada a cabo en China entre 1851 e 1864 que contribuíu á caída da dinastía Qing. O seu inspirador foi Hong Xiuquan (1814-1864), un visionario convertido ao cristianismo que se proclamou ‘rei celestial’ do Taiping Tianguo (Reino celeste da paz universal). O seu fin era facer desaparecer o confucianismo e o budismo, eliminar o poder dos funcionarios e terratentes, e distribuír as terras a todos para conseguir unha sociedade de iguais. Os Taiping tomaron Wuhan (1853), Nankin (1853) -onde instalaron a capital- e Tianjing pero, a pesar das primeiras vitorias, a contraofensiva oficial derrotounos en 1864.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Politicólogo e sociólogo. Foi xefe do Servizo de Publicacións do Parlamento de Galicia, do Gabinete Técnico da presidencia da Xunta Preautonómica, do Gabinete da Presidencia do Parlamento, e dos Servizos Técnicos do Parlamento de Galicia, e deputado autonómico (1981-1985). Publicou Autonomías e Constitución: notas para un debate estatutario galego (1978) e O Parlamento de Galicia (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei hitita (1515? - 1500 a C). No Edito de Telepinuš revivificou o pankuš (tribunal supremo onde eran dirimidas as causas entre nobreza e monarquía) e estableceu unha nova lei de sucesión ao trono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcohol dihidroxílico de estrutura ciclohexánica e natureza monoterpénica. O isómero cis forma un monohidrato cristalino, denominado hidrato de terpina, que foi empregado en medicina como béquico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos monoterpenos cíclicos e diénicos, de fórmula C10H16O, que son isómeros do limoneno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos tres compostos hidroxílicos isoméricos, de estrutura ciclohexánica e natureza monoterpénica con fórmula C10H18O. Desígnanse cos prefixos α, β e γ. O α-terpineol emprégase como aromatizante na industria alimentaria e en perfumaría para producir olor de lilas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidrocarburo diénico que se atopa na esencia de terebintina, de estrutura ciclohexánica e natureza monoterpénica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hormona glicoproteica que se sintetiza na adenohipófise e actúa sobre a glándula tiroide estimulando o seu crecemento, orixinando a súa hiperplasia e favorecendo a absorción de iodo e a síntese de hormonas. OBS: Tamén se denomina hormona tiroestimulante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira destilación do petróleo bruto que se efectúa a presión atmosférica na refinaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Morea de terra que deixan as toupas na superficie ao escavar as galerías.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está ao outro lado dos Alpes.

    2. Aplícase á Galia que, para os romanos, estaba situada á outra banda dos Alpes.

    VER O DETALLE DO TERMO