"RAM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1337.

  • CAPITAIS

    Capital do il homónimo, en Anatolia Central, Turquía (303.594 h [1997]). A actividade económica máis importante é a explotación das minas de ferro e plata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo teatral creado en 1989 por Antón Lamapereira, Manuel F. Vieites e varios alumnos da Aula de Teatro da Escola de Maxisterio de Pontevedra. Entre os seus espectáculos destacan Tripi, Trapa e o pirata Malapata (1990), con dirección de Manuel F. Vieites, Lisquemos, Marqués, lisquemos (1991), con dirección de Antón Lamapereira, O ponche (1992), con dirección de Emilio Goyanes, O hobbit (1993), con dirección de João Luíz ou Narnia (1994), con dirección de Manuela Rodríguez Lorenzo. Posteriormente, a compañía centrou as súas actividades na realización de traballos de animación á lectura, de intervención escénica en diversas celebracións ou de promoción da tradición oral para, finalmente, potenciar a creación da editorial homónima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do SO de Tamil Nadū, India, situada á beira do río Vegavati, tributario do Pālār (145.028 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Il situado en Turquía (9.163 km2; 227.269 h [1997]). A súa capital é Karaman.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DINASTIAS

    Dinastía turcomana que dominou (ss XIII-XV) a rexión de Karaman, no S de Asia Menor, como emirato. A mediados do s XV o emirato foi absorbido polo Imperio Otomano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político grego. Foi primeiro ministro entre 1955-1963 e, tras un período de exilio en París, regresou a Grecia en 1974 ocupando novamente o cargo de primeiro ministro (1974-1980) e o de presidente da República (1980-1985; 1990-1995). Preocupouse pola restauración do sistema democrático e pola integración de Grecia no panorama europeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Última das grandes novelas de Dostojevskij, publicada por vez primeira entre 1878 e 1880. É a historia dun parricidio, e constitúe a “novela síntese” do pensamento e da arte de Dostojevskij.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e historiador ruso. Foi o representante máis destacado do sentimentalismo ruso, que reflectiu en Bednaja Liza (A pobre Liza, 1792). Como historiador escribiu, cunha visión liberal, Istorija gosudarstva rossijskogo (Historia do estado ruso, 1816-1826).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo e psiquiatra estadounidense. Estudiou a relación mutua entre cultura e personalidade. O concepto central da súa teoría é o da personalidade básica, ou sexa, os trazos comúns de todos os individuos que participan nunha mesma cultura. As súas principais publicacións son: The Individual and His Society (1939) e Sex and Morality (1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor armenio. Estudiou no conservatorio de Moscova, do que foi profesor desde 1951. Autor de obras nas que introduciu temas populares armenios, acadou gran popularidade polo ballet Gaiane (1942) e os seus concertos para piano (1936), violín (1940), e violoncello e orquestra (1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade e porto do ostān de Khūzestān, Irán (105.636 h [1996]). É un importante porto exportador de produtos alimentarios que estivo moi afectada pola guerra entre Irán e Iraq.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • quilográmetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: quilogramo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast´ de Donets´k, Ucraína (187.476 h [1999]). É un dos centros máis importantes do país en produción de maquinaria pesada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Nova York 1913 - Los Angeles 21.2.2001) Produtor e director cinematográfico. Produciu filmes de directores como Fleischer, Robson ou Zinnemann e, posteriormente, dirixiu distintas películas sobre temas polémicos, como The Pride and Passion (1957), The Defiant Ones (1958), Judgement at Nuremberg (1961), Guess Who’s Coming to Dinner (1966) ou The Runner Stumbles (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación gráfica que, ao aplicar a teoría de Fermio da emisión β permite determinar a enerxía máxima dun espectro de raios β.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monosacárido que forma parte dalgúns glicósidos, como da estrofantina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Doutor en teoloxía e dereito canónico e civil, foi catedrático de dereito canónico na Universidad de València. Foi capelán e tenente vicario da Armada e prelado auditor da Rota. Escribiu Derecho canónico (1946-1947). Recibiu a Medalla de Oro de Pío X e as cruces de San Raimundo Peñafort e Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á fase laramiana.

    2. Fase oroxénica que pregou, durante o Cretáceo superior, as montañas Rochosas. Foi a derradeira das grandes oroxenias de América do Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xesuíta e lexicógrafo. En 1707 entrou na Compañía de Xesús e foi impulsor do movemento literario vasco no s XVIII. Escribiu apoloxías en defensa da lingua e estudios gramaticais como El imposible vencido. Arte de la lengua bascongada (1729), primeira gramática vasca, Dicionario trilingüe castellano, bascuence y latín (1745) e Corografía o descripción general de la M. N. y M. L. provincia de Guipúzcoa (1882).

    VER O DETALLE DO TERMO