Kalandraka, Escola de Expresión Dramática
Kalandraka, Escola de Expresión Dramática
Colectivo teatral creado en 1989 por Antón Lamapereira, Manuel F. Vieites e varios alumnos da Aula de Teatro da Escola de Maxisterio de Pontevedra. Entre os seus espectáculos destacan Tripi, Trapa e o pirata Malapata (1990), con dirección de Manuel F. Vieites, Lisquemos, Marqués, lisquemos (1991), con dirección de Antón Lamapereira, O ponche (1992), con dirección de Emilio Goyanes, O hobbit (1993), con dirección de João Luíz ou Narnia (1994), con dirección de Manuela Rodríguez Lorenzo. Posteriormente, a compañía centrou as súas actividades na realización de traballos de animación á lectura, de intervención escénica en diversas celebracións ou de promoción da tradición oral para, finalmente, potenciar a creación da editorial homónima.