Kalandraka Editora

Kalandraka Editora

Empresa editorial fundada en Pontevedra o 2 de abril de 1998. Desde un principio especializouse na edición de libros e contos infantís, caracterizados por unha coidada presentación e contidos novidosos. Presenta as coleccións: “Tras os montes”, “Demademora”, “Os contos do trasno”, “Biblioteca de Panteno”, “Maremar”, “Sondeconto”, “Minilibros para soñar”, “Seteleguas”, “Tiramillas” e “MAKAKIÑOS”. Entre outros galardóns, recibiu o Premio Nacional de Ilustración polas obras O coelliño branco (1999) e Onde perdeu Lúa a risa? (2001).