"RG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2188.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilamartín de Valdeorras baixo a advocación de santa Comba.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aplícase ao terreo que ten moitas pendentes.
-
Aplícase ao lugar que ten moitos corgos ou corgas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
-Os-Montes, Alto Douro 1888 - Coimbra 1944) Historiador da arte portugués. Fundou as publicacións Arte e Arqueologia e Terra Portuguesa, e dirixiu o Diário de Coimbra. Entre as súas obras cómpre destacar Monumentos e esculturas (séculos III-XV) (1924), Pintores portugueses dos séculos XV e XVI (1928), A escultura em Portugal no primeiro terço do século XVI (1929) e Excursões no centro de Portugal (1939). A Universidade de Coimbra publicou Obras (1944), unha escolma dos seus estudios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano do oído interno que transforma a onda sonora nun fenómeno fisiolóxico. Está constituído por un conxunto de células: unhas sensoriais, provistas de pestanas, e outras de sostemento. Descansa por riba da membrana basilar, dentro do caracol membranoso. Recibe o nome do anatomista italiano Alfonso Corti (1822-1876).
-
PERSOEIRO
Poeta romanés. Recompilador de poemas populares, a súa obra cántalle ao campesiñado en Balade şi Idile (1893) e Fire de tort (1896). Traduciu ao romanés a Divina Comedia, de Dante Alighieri.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de León e Castela, filla do duque Roberto de Borgoña. Casou con Hugo II, conde de Chalons-sur-Saône, e colaborou no goberno axudando os monxes de Cluny ata que enviuvou. En 1080 casou en segundas nupcias con Afonso VI. Influíu na política do seu marido, conseguiu privilexios para os monxes de Cluny e impulsou a loita contra os musulmáns.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diplomático. Membro dunha familia aristocrática do Imperio Austro-Húngaro, foi o fundador da Unión Paneuropea (1922). Defendeu a unión política, económica e cultural de Europa, da que excluía a URSS e o Reino Unido. Expuxo as súas teorías no libro Paneuropa (1923) e nunha revista do mesmo nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Revolucionario francés. En 1791 formou parte da Asemblea lexislativa e dende 1792 da Convención, que o elixiu para participar no Comité de Salvación Pública (1793-1794). Apoiou a Robespierre nas tarefas de goberno da I República e redactou algunhas das leis sobre os tribunais revolucionarios. Trala vitoria dos termidorianos foi guillotinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta inglés. Coñecido como o poeta dos pobres, publicou entre outras obras: The Library (A librería, 1781), The Village (A vila, 1783) e Tales of the Hall (Contos do vestíbulo, 1817-1818).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultora. Licenciada en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela, estudiou na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo da mesma cidade. A súa obra evolucionou dende o figurativismo ata a abstracción.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico canadense. Iniciou unha filmografía especializada no xénero fantástico e de ciencia ficción con filmes como The Brood (1979), Scanners (1980), Videodrome (1982), The Dead Zone (A zona morta, 1983), The Fly (A mosca, 1986), Dead Ringers (Inseparables, 1988), Naked Lunch (1991), M. Butterfly (1993), Crash (1996) e Existenz (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio dos movementos e do tempo que se teñen que desenvolver e empregar para levar a cabo con eficacia un esforzo.
-
PERSOEIRO
Compositor norteamericano. Na súa obra levou a cabo unha síntese de influencias de Bartok, Mahler e Debussy. En 1968 foille outorgado o Premio Pulitzer por Echoes of Time and the River (Ecos do tempo e o río).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo húngaro. Autor de pezas realistas sobre a vida moderna, da súa produción destacan Proletàrok (Proletarios, 1880), Cifra nyomurúság (Miseria brillante, 1881), Örök törvény (Lei eterna, 1890) e A nagymama (A avoa, 1891).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en 1972 editada por Ediciós do Castro. Inclúe diversos traballos sobre cultura material en Galicia e sobre arte e industria. No seu número 88, de xuño de 2001, realizouse unha homenaxe á figura de Lois Tobío.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Aos vinte anos comezou a traballar como axudante de dirección no teatro e, cinco anos despois, dirixiu a súa primeira comedia en Broadway. Chegou a Hollywood en 1929 e realizou a súa primeira película Girls About Town (Mozas na cidade, 1931). En 1964 obtivo o Oscar ao mellor realizador e ao mellor filme por My Fair Lady. A súa traxectoria foi bastante irregular e destacan as súas producións Philadelphia Story (Historias de Philadelphia, 1940), Gaslight (Luz de gas, 1944), A Star is Born (Naceu unha estrela, 1954) e Rich and Famous (Ricas e famosas, 1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bailarina e coreógrafa sueca. Despois de estudar na Universidade de Estocolmo, ampliou a súa formación na escola Dartington Hall, en Inglaterra. Cofundou o Svenska Dansteater. Foi coreógrafa do Ballet Real Sueco (1952-1957) e do American Ballet Theatre (1958-1964). En 1967 fundou o Ballet Cullberg.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Abegondo baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
santa (978? - Kaufungen, Hesse 1040?) Emperatriz xermánica, filla de Sigfrido, conde de Luxemburgo. Casou co Emperador Enrique II o Santo (998), duque de Baviera e sucesor de Otón III, aínda que sempre gardou o voto de castidade. Trala morte do seu esposo (1024), retirouse á abadía de Kaufungen. Foi canonizada por Inocencio III no 1200. A súa festividade celébrase o 2 de marzo.