Cukor, George
Cukor, George
Realizador cinematográfico. Aos vinte anos comezou a traballar como axudante de dirección no teatro e, cinco anos despois, dirixiu a súa primeira comedia en Broadway. Chegou a Hollywood en 1929 e realizou a súa primeira película Girls About Town (Mozas na cidade, 1931). En 1964 obtivo o Oscar ao mellor realizador e ao mellor filme por My Fair Lady. A súa traxectoria foi bastante irregular e destacan as súas producións Philadelphia Story (Historias de Philadelphia, 1940), Gaslight (Luz de gas, 1944), A Star is Born (Naceu unha estrela, 1954) e Rich and Famous (Ricas e famosas, 1981).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Nova York -
Deceso
Lugar : Los Angeles