"Rel" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 842.
-
VER O DETALLE DO TERMO
olver lousar algo de novo.
-
-
Arte e técnica de facer reloxos.
-
Lugar onde fan, venden ou reparan reloxos.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos reloxos.
-
Persoa que fai, vende ou repara reloxos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
reloxaría.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Novela escrita por Marina Mayoral e publicada en 1988 en que se narra a historia de amor da protagonista, Amelia, cun refuxiado político chileno nos últimos tempos do franquismo. Paralelamente a esta historia aparece a conarración do seu irmán, Leo, quen amosa a súa forma de ver os mesmos feitos, en particular a oposición á relación da súa irmá. Con este xogo narrativo xérase un multiperspectivismo que frea o tempo, contextualizado nun discurso que non é lineal, pois nel empréganse numerosas analepses para introducir o pasado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
-
Instrumento para medir o paso do tempo e indicar as horas e outras unidades de tempo. O fraccionamento do día e da noite baseouse orixinariamente no movemento aparente do Sol e das estrelas pola bóveda celeste, e os primeiros reloxos aproveitaron este movemento para indicar o transcurso das horas. Instrumentos astronómicos como o reloxo de sol e o astrolabio xurdiron para poder efectuar a lectura da hora indicada polo reloxo celeste mediante a observación da posición dos astros con respecto ao horizonte local. Para dispoñer da hora actualizada en calquera momento naceron os reloxos que dispoñían dun sistema ou mecanismo que tenta seguir o período do movemento aparente do Sol. Nun reloxo son importantes dúas calidades: a precisión ou exactitude e a sensibilidade ou definición. Antes do reloxo de péndulo a precisión dos reloxos mecánicos ou de auga resumíase aproximadamente nunha hora ao día e a unidade de tempo máis pequena que podía sinalar normalmente era o cuarto de hora. Co invento revolucionario...
-
reloxo analóxico
Reloxo en que a hora se indica mediante agullas ou outros elementos que cambian de posición dentro dun marco de referencia.
-
reloxo astronómico
Reloxo que, ademais das unidades de tempo habituais, dispón doutros indicadores de carácter astronómico, como as fases da lúa, a posición dos astros ou a ecuación do tempo.
-
reloxo atmosférico
Reloxo que dispón dun mecanismo que aproveita os pequenos cambios de temperatura do cuarto onde está situado, co fin de poder remontar automaticamente o seu peso ou resorte. Foi introducido polo británico James Cox no s XVIII.
-
reloxo atómico/molecular
Reloxo constituído por un patrón atómico de frecuencia que produce oscilacións dunha frecuencia moi estable e por un dispositivo electrónico que permite contar estas oscilacións. Os patróns atómicos de frecuencia pódense clasificar en tres grandes categorías: os máser, os resonadores de chorro atómico (ou de feixe atómico) e as células de gas. Os máser son patróns activos mentres que os resonadores de chorro atómico e as células de gas son patróns pasivos, é dicir, necesitan unha excitación exterior. Uns dos reloxos atómicos máis exactos do mundo é o deseñado pola Hewlett-Packard, de Palo Alto (California) e presentado en 1992, cun atraso máximo dun segundo cada 1,6 millóns de anos.
-
reloxo automático
Reloxo portátil que está provisto dun mecanismo complementario que dá corda ao reloxo a partir dos movementos que efectúa o que o leva. Pódense considerar tamén reloxos automáticos os atmosféricos e os provistos de células fotoeléctricas.
-
reloxo biolóxico /
Reloxo que se basea en que certos mecanismos biolóxicos e fisiolóxicos que posúen os animais vertebrados xeran constantemente diferentes ritmos eléctricos, algúns de frecuencia moi estable, detectables mediante un encefalograma. Algúns dos ritmos biolóxicos xerados polos seres vivos teñen relación cos movementos da Terra. Os reloxos biolóxicos determinan a entrada en actividade e a interrupción das diferentes actividades internas do ser vivo.
-
reloxo de area
Instrumento que consiste en dous recipientes de vidro unidos por un orificio moi pequeno. O tempo mídese segundo o tempo que tarda unha cantidade de area moi fina en pasar dun recipiente ao outro.
-
reloxo de campanario/torre
Reloxo de grandes dimensións que, situado en torres, campanarios ou edificios, indica a hora mediante unha ou varias esferas e, a miúdo, mediante o toque das campás, empregándose unha campá de son agudo para indicar os cuartos e unha de son máis grave para as horas.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Constelación austral que está situada entre a de Eridano, Dourada, Retículo e Hidra macho. Contén 35 estrelas visibles a simple vista, e as máis brillantes son de cuarta magnitude e quinta. O astro principal é á− Horologii que ten unha magnitude de 3,83 e está situado a unha distancia de 148 anos luz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que reloce.
-
-
Despedir algo luz brillante.
-
Exteriorizar ou amosar con intensidade unha sensación ou sentimento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
lostregar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
lóstrego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cociente entre a forza magnetomotriz e o fluxo magnético producido por esta, nun circuíto magnético, é dicir Rm = Fm/Ö. A unidade de medida no SI é o ampere volta por weber (Av/Wb). Nun circuíto ferromagnético homoxéneo, de lonxitude l, de sección constante s e de permeabilidade ì, ten a expresión Rm = l/ìs. OBS: Tamén se denomina resistencia magnética.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘deber’.
-
-
Instrumento de madeira de forma máis ou menos rectangular, con fileiras de dentes de ferro nun dos seus extremos por onde se pasa o liño para separalle a estopa.
-
Grade ou angazo con dentes de pau e cun mango que se usa para aplanar a terra labrada e recoller a broza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
degaro.
-
MONTES
Monte situado entre as parroquias de Candeda e Prada (A Veiga). O seu cumio acada os 948 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Fundou e dirixiu os xornais La Reforma, La Cruz de Santiago (1885) e La Bandera de Santiago (1887).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Doutor en Dereito pola Universidad de Madrid, traballou no ministerio de Facenda e desempeñou a cátedra de Lingua Francesa no Ateneo de Madrid e de Lingua e Literatura Galegas na Casa de Galicia. Fundou en Madrid en 1915 a revista Estudios Gallegos e cultivou a narrativa, con La campaña de Ultramar (1888), onde recompilou cinco novelas breves escritas en castelán; a novela curta Ferruxe (1894), a lenda decimonónica O pastor de doña Silvia (1925) e a novela curta O derradeiro amore (1931). No ámbito da poesía, onde se pode relacionar coa Escola Formalista pondaliana, tirou do prelo Pousadoiro. Os meus votos (1903), O libro da konsagrazión (1910), coa maior parte da súa produción poética e a “Nota sobre a reforma da ortografía gallega”, en que se declara a favor da ortografía fonética e onde se mostra como o primeiro defensor da gheada; e Altariño de amore (1935), en que se recolle unha breve historia romántica...
VER O DETALLE DO TERMO