"Sar" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 930.

  • DISTRITOS

    Distrito de Surinam (3.636 km2; 12.320 h [estim 1992]). A capital é Groningen (2.300 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta erecta de flores tetrámeras amarelas, brancas ou violáceas, dispostas en acios, con froito estreito e cilíndrico, de tipo silicua. Florece entre marzo e xullo. As follas carecen de estípulas e estan lobadas e profundamente fendidas. Ten a raíz engrosada e un talo de ata 80 cm de altura. Habita en zonas de rochedos e areais, preto da costa, e distribúese por case todas as costas europeas, tamén nas galegas, onde é máis abondosa no N ca no S.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista portugués. Militante do Partido Comunista portugués, foi perseguido durante a ditadura de Salazar. Continuador do neorrealismo, na súa obra manifesta influencias tanto da literatura popular como do vangardismo. En canto ao seu estilo non delimita os diálogos e utiliza parágrafos moi longos, sen apenas puntos, feito que non significa unha dificultade para o lector. Publicou Os Poemas Possíveis (1966), Deste mundo e do outro (1971), Viagem a Portugal (1981), Memorial do convento (1982), O ano da morte de Ricardo Reis (1982, Premio da Crítica e Premio Pen Club 1985), A segunda vida de Francisco de Assís (1987), Historia do cerco de Lisboa (1989), O Evangelio segun Jesucristo (1922), Ensaio sobre a Cegueira (1995), Todos os nomes (1997), A Caverna (2000), O homen duplicado (2002), Ensaio sobre a lucidez (2004), Don Giovanni ou O dissoluto absolvido...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rrethi de Albania (1.097 km2; 53.730 h [estim 1993]). A súa capital é Sarandë (16.400 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Susan Abigail Tomalin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Abegondo baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da República de Mordovia, Rusia, situada na ribeira esquerda do Insar (319.000 h [estim 1997]). Ten industrias electrotécnicas, metalúrxicas, mecánicas e alimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da República Federal dos Udmurtos, en Rusia (111.000 h [estim 1992]). É un porto ás marxes do río Kama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Violinista e compositor. Estudou con D. Alard en París e actuou por Europa e América. Das súas obras destacan Aires bohemios (1863), Danzas españolas (1878), Muiñeira op.13 (1885), Jota de San Fermín (1894) e Zortzico (1898). Recibiu o primeiro premio do Conservatoire de París (1857).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e lexicógrafo. Despois de licenciarse en Enxeñaría (1970), obtivo a licenciatura (1975) e o doutoramento (1981) en Filosofía e Letras. Membro correspondente (1966) e de número (1988) da Euskaltzaindia, preside a súa comisión de lexicografía e dirixe o Anuario del Seminario de Filología Vasca Julio de Urquijo. Nos seus primeiros traballos centrouse na crítica e historia da literatura (Euskal literaturaren historia, 1971), para despois pasar á lingüística e á filoloxía (Contribución al estudo y edición de textos antiguos vascos, 1983). En 1975 a fundación da Caja de Ahorros Provincial de Gipuzkoa encargoulle a redacción dun dicionario normativo. Deste estudo saíu un primeiro borrador (catro fascículos, 1977-1979) e a posterior publicación de Gaur egungo euskararen maiztasun-hiztegia (Dicionario de frecuencias do éuscaro escrito). Nesta época entrou en contacto con K. Mitxelena a quen axudou na preparación do Orotariko euskal hiztegia (Dicionario...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Perito industrial, enxeñeiro industrial superior e arquitecto superior. En Barcelona creou a empresa EDING dedicada ao cálculo de estruturas e instalacións e exerceu como profesor no Instituto Técnico Fernando Casablanca de Sabadell. Trasladouse a Vigo e creou o estudo de arquitectura e enxeñaría ESTINGAR, S.L. Realizou os edificios comerciales C&A e Puerta Príncipe en Vigo, os Xulgados de Redondela e os Novos Xulgados de Vigo, a dirección de obra do Recinto Feiral de Silleda, a rehabilitación do antigo goberno militar para sede do Reitorado da Universidade de Vigo, a Área Panorámica de Tui   con auditorio e sala de exposicións, o proxecto básico da clínica Nuestra Señora de Fátima en Vigo, a remodelación do Mercado Municipal de Ribeira para sala de exposicións e auditorio, a ampliación da sede do Concello do Porriño e residencias xeriátricas en Valdemoro, Leganés e Alcalá de Henares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río cósmico da tradición védica. Signo da natureza non palpable, revela misteriosamente as Grandes Augas celestiais e domina o mundo dos soños e as intuicións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de New York, EE UU, situada ao lado do lago Saratoga, e ao N de Albany (26.186 h [2000]). É un balneario e lugar de veraneo, célebre polas súas augas medicinais. En 1777 o xeneral H. Gates venceu as tropas británicas, comandadas por Burgoyne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da oblast’ homónima, Rusia (892.000 h [estim 1999]). Porto fluvial sobre o Volga, ten industrias de construcións mecánicas, electrotécnica, química, petrolífera, da madeira e alimentaria. Fundada en 1590 como cidade fortaleza, foi un centro comercial do Volga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast’ de Rusia (100.200 km2; 2.719.000 h [estim 1999]). A súa capital é Saratov.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Laos (10.691 km2; 258.300 h [estim 1995]). A súa capital é Saravan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado da Malaisia, situado na costa NO da illa de Borneo (124.450 km2; 2.071.506 h [2000]). A súa capital é Kuching (152.310 h [2000]). A poboación dedícase ao cultivo de arroz, á pesca e á caza. Posúe xacementos de petróleo, ouro e fosfatos. Islamizada no s XV, dependeu do sultán de Brunei ata que foi concedida a James Brooke (1841). Os seus descendentes gobernárono como estado independente ata 1888 e como protectorado británico ata a ocupación xaponesa (1942-1945). Colonia británica (1946), ingresou na federación de Malaisia (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ironía mordaz que pretende ofender e humillar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que implica sarcasmo.

    2. Que utiliza moito o sarcasmo ao falar ou escribir.

    VER O DETALLE DO TERMO