"llo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1518.

  • Nome dado ás forzas militares soviéticas. Creado en xaneiro de 1918 polo Consello dos Comisarios do Pobo, foi organizado por Trockij. Ata a desintegración da Unión Soviética en 1991 e a súa propia fragmentación nos distintos exércitos dos novos estados, tomou parte en importantes conflitos bélicos, como a Guerra Civil rusa (1918-1920), a Segunda Guerra Mundial (1939-1945) e a Guerra de Afganistán (1979-1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e xornalista. Traballou en La Vanguardia (1952) e foi profesor na Escola de Periodismo de Barcelona. Entre os anos 1958 e 1959 foi director de Radio Nacional en Barcelona. Como primeiro director da emisora de televisión de Barcelona, promoveu a creación dos estudios Miramar (1959). En 1964 trasladouse a Madrid para exercer como director xeral de televisión. Foi membro do consello de administración de Antena 3 Televisión e de Antena 3 Radio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Semente da faba de gran tamaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Licenciouse en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (1899). Deputado polo Partido Radical en Ourense nas eleccións de 1931, foi nomeado alcalde da cidade, cargo do que dimitiu ao día seguinte para ser designado presidente da deputación provincial. Durante a República foi o primeiro presidente da Caixa de Aforrros de Ourense e presidiu a Federación Agraria Provincial de Ourense. Ao estalar a Guerra Civil estivo confinado oito meses na prisión de Ourense e sufriu unha forte sanción económica e incautación de bens.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. As súas obras amosan unha afinidade estilística co caravaggismo. Foi o primeiro especialista en escenas bélicas, entre as que destaca Batalla de romanos, e introduciu en Nápoles as bambochadas. Cultivou tamén a pintura relixiosa e realizou frescos no Gesú Nuovo de Nápoles entre outras igrexas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que carece de algo.

    2. Que posúe algún defecto.

    3. Feito de facer algo mal.

    4. Defecto que ten algo e que impide o seu bo funcionamento.

    5. Falta dun pau no xogo de naipes.

    6. Condición patolóxica que se produce cando o corazón non pode bombear suficiente sangue da circulación venosa, de xeito que este retrocede, enche o sistema vascular e o organismo retén demasiado líquido. A consecuencia é un edema pulmonar e das pernas, que se pode remediar mediante diuréticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e anatomista italiano. Foi profesor de cirurxía e anatomía nas universidades de Pisa (1548) e Padua (1551), onde sucedeu a Vesalius. Ocupou a cátedra de Anatomía en Venecia e está considerado un dos grandes anatomistas da historia da medicina. Estudiou o desenvolvemento dos ósos e a osteoloxía do cranio. Descubriu o oído interno, os músculos dos ollos e outras estruturas, como o canal ou hiato de Fallopio e os tubos uterinos ou trompas de Fallopio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tubo membranoso que vai dende o ángulo superior do útero ata o ovario do lado correspondente e que está situado entre as follas do ligamento ancho. A extremidade externa, chamada pavillón, é libre e recolle o óvulo para transportalo ata o útero. Descrito polo anatomista italiano G. Falloppio, tamén se coñece co nome de trompa uterina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cardiopatía conxénita que se caracteriza por unha estenose da arteria pulmonar, unha hipertrofia do ventrículo dereito, como consecuencia desta estenose, unha comunicación interventricular, que se debe a un defecto da parte alta do tabique, e unha dilatación e unha desviación da aorta cara á dereita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cardiopatía conxénita moi rara, constituída por unha estenose da arteria pulmonar, unha hipertrofia do ventrículo dereito e unha comunicación interauricular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comida mal elaborada que se adoita realizar con restos doutras comidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rocha máis ou menos aguda que sobresae do nivel do mar, xeralmente preto da costa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLOTES

    Conxunto de tres illotes do Mar Cantábrico situados fronte o litoral da parroquia de Lieiro, no concello de Cervo, ao NO do cabo de San Cibrao. O máis pequeno, o da Sombriza, é o máis setentrional e tamén o máis elevado, pois acada os 30 m de altitude. O illote do medio, Pé, é o máis extenso, pero a súa cota máxima son os 24 m. A Baixa é o máis meridonal e só acada 11 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santa Mariña de Ribasar (Rois). Bartolomeo Piombino Farcinetti e Jacobo Giambino instalaron unha fábrica de papel, concedida en 1714. Comezou fabricando un papel de baixa calidade que se destinou a envolver o tabaco picado que levaba a marca P; a mellor calidade do papel permitiu imprimir en 1733 Anales del Reyno de Galicia de Francisco de la Huerta. Posteriormente, adquiriuna Antonio Riveiro de Aguilar, quen modernizou as instalacións. En 1858 fabricaba o papel de fumar El Sol. Pechou a comezos do s XX. O pazo construíuno B. Piombino en 1727 en estilo barroco. Destacan o balcón con balaustrada pétrea e os brasóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anaco de tea vello e gastado.

    2. Peza de roupa vella.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. farangallo.

    2. Auga conxelada que cae cando neva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á persoa que non coida o seu aspecto externo e se viste con fargallos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feixe pequeno de palla ou herba enroladas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que non para quieta e que é, polo xeral, revoltosa.

    2. Persoa que anda en cousas que non debe ou das que non sabe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen non para quieto e que por veces é revoltoso.

    2. Que ou quen é de trato impertinente ou pesado.

    VER O DETALLE DO TERMO