Exército Vermello
Exército Vermello
Nome dado ás forzas militares soviéticas. Creado en xaneiro de 1918 polo Consello dos Comisarios do Pobo, foi organizado por Trockij. Ata a desintegración da Unión Soviética en 1991 e a súa propia fragmentación nos distintos exércitos dos novos estados, tomou parte en importantes conflitos bélicos, como a Guerra Civil rusa (1918-1920), a Segunda Guerra Mundial (1939-1945) e a Guerra de Afganistán (1979-1989).