exergo

exergo

(< gr ἐζ ‘fóra’ + ἕργον ‘obra’)

s m [NUMIS]

Segmento inferior dunha moeda ou medalla, xeralmente separado do resto de figuras por unha liña horizontal, onde se pode indicar a ceca, as siglas do gravador, a data ou o valor da moeda. Apareceron por vez primeira nos decadracmas de Siracusa. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].