Exeria

Exeria
[MIT]

Ninfa da mitoloxía romana, deusa das fontes, ligada ao culto de Diana. Pola noite citábase co rei Numa Pompilio para darlle consello. Ela ensinoulle os ritos, oracións e esconxuros eficaces, inspirando así a organización relixiosa da nacente Roma. Cando Numa morreu, chorou tanto que se metamorfizou en fonte.

Palabras veciñas

exergo | exergónico -ca | Exeria | Exeria | Exeria | exerto -ta | Exeter