Exeria
Exeria
Peregrina cristiá. Probablemente, pertenceu á alta nobreza galaica, emparentada coa corte imperial. Deu a coñecer as súas viaxes por Terra Santa e Exipto (381-384?) en Itinerarium. Aínda que se conserva parcialmente, é o documento máis antigo dunha peregrinaxe e está escrito no sermo cotidianus, nun latín en que xa se aprecian modismos galegos. A primeira parte consta de catro peregrinacións: ao Sinaí con volta a Xerusalén polo Mar Vermello, ao monte Nebo, a Idume, a Mesopotamia e volta a Constantinopla pasando por Tarso, Seleucia e Calcedonia. A segunda parte describe a liturxia de Xerusalén; entre outros datos, fala das igrexas da cidade e arredores, do ano litúrxico coas súas festas, da xornada litúrxica ou da organización eclesiástica.