Exeria

Exeria
[ONOM]

Nome latino que se atesta de diversas formas, como Egeriae, Etheria, Heteria, Echerias, ou Eicheria. Etimoloxicamente, parece proceder do verbo grego ἐ γείρω ‘espertar, erguer, mover’. Presenta a variante Eteria. Destacan con este nome unha ninfa de Roma dotada do atributo da inspiración ‘a que move’ e unha dama galega (ss IV-V?) que realizou unha peregrinación a Palestina e describiu a súa viaxe no Itinerarium.

Palabras veciñas

exérese | exergo | exergónico -ca | Exeria | Exeria | Exeria | exerto -ta