"sin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 907.

  • Sindicato de base, democrático, progresista e independente. Inclúe, entre os seus principios de actuación, a defensa dos intereses sociais, económicos, profesionais e culturais dos labregos galegos; a democracia, como mecanismo de funcionamento interno; a independencia e soberanía propia na toma de decisións; e a autoorganización endóxena dos labregos a todos os niveis. As súas orixes atópanse nos Comités de Axuda á Loita Labrega organizados desde 1970 pola UPG e Cristiáns polo Socialismo, e Comisións Labregas (CC LL) que constituíron o primeiro núcleo en Ribadeo (1973) e reivindicaban a recuperación dos montes veciñais en mancomún e a abolición da cota empresarial da Seguridade Social Agraria. En 1976, despois da súa reorganización, CC LL publicaron un programa en que destacaban medidas coma o fomento do asociacionismo agrario e das cooperativas de produción e a dotación de estradas, auga e electricidade ás parroquias rurais. En 1977 CC LL reorientaron a súa estratexia e produciuse a refundación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización constituída a finais de 1933 e integrada polos mineiros das explotacións de estaño e wolframio de Lousame. Afiliouse á CNT.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira organización sindical nacionalista galega creada en maio de 1975. Foi apoiada pola Unión do Pobo Galego (UPG) e en 1977 coa unión cos sindicatos integrados na Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG), como a Unión dos Traballadores do Ensino en Galicia (UTEG), o Sindicato Galego dos Traballadores do Mar (SGTM), a Unión de Traballadores da Sanidade Galega (USTB) ou a Unión de Traballadores da Banca de Galicia (UTBG), deu lugar á Intersindical Nacional Galega (ING).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización constituída en novembro de 1922 en Vigo por representantes do sector madeireiro da provincia. Desapareceu na Ditadura de Primo de Rivera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación formada en 1920 que unía diversas sociedades de resistencia do ramo da construción. Pola súa ilegalización durante a Ditadura de Primo de Rivera, volveron funcionar as sociedades de oficio por separado, ata que na Segunda República se refundou o sindicato (1933). Foi considerado o máis numeroso da cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo de síndico.

    2. Oficina do síndico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Encargado dos intereses e as xestións administrativas dunha corporación, unha comunidade ou un estamento.

    2. Persoa encargada de liquidar, nun concurso de acreedores ou nunha quebra, o activo e pasivo do concursado ou quebrado e de satisfacer os créditos contra el.

    3. Procurador xeral de Andorra e presidente do consello xeral.

    4. Funcionario municipal creado polo Consello de Castela en 1766 en todos os concellos do estado, que exercía de procurador dos intereses dos veciños. Era elixido por sufraxio directo. Suprimiuse no s XIX coa creación dos concellos constitucionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á cadea polimérica que está constituída por átomos de carbono asimétricos, na que estes teñen unha configuración relativa alterna respecto da cadea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores, da familia das fabáceas, con follas paripinnadas e coriáceas, flores dispostas en panícula, e froitos en legume. A este xénero pertence a especie S. cochinchinensis, que é natural do SL asiático e cuxa madeira se emprega en ebanistaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Monforte de Lemos baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de síntomas e signos que definen clinicamente un estado patolóxico, que pode posuír diferentes etioloxías e corresponder a máis dunha enfermidade.

      2. síndrome de inmunodeficiencia adquirida

        SIDA.

      3. síndrome de envellecemento precoz

        proxeria.

      4. síndrome tóxica

        Síndrome que se caracteriza por febre, dor de cabeza, mialxias, dispnea, tose e erupción urticariforme. A súa causa foi atribuída ao consumo de aceite de colza desnaturalizado. Apareceu en1981 en diversos lugares de España, especialmente en Madrid e Castela. Ocasionou graves incapacidades físicas froito desta afección neuromuscular e incluso mortes.

    1. Conxunto de signos ou fenómenos que caracterizan unha situación determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á síndrome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión latina que significa ‘sen día’ e que se utiliza para indicar que un asunto queda suspendido por un tempo indeterminado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión latina que significa ‘imprescindible’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura que consiste en estender ou restrinxir o significado dunha palabra, tomando o todo pola parte ou a parte polo todo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da ecoloxía que estuda as relacións entre as colectividades e o seu medio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cargo retribuído que non causa ningún ou case ningún tipo de traballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Simpaticomimético de acción semellante á da adrenalina, pero non tan activo, que se extrae da especie Citrus aurantium (laranxeira amarga).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Corda de esparto.

    2. Cada unha das boias de cortiza pintada colocadas a intervalos regulares nas redes de pesca, en especial as do cabo superior do trasmallo.

    VER O DETALLE DO TERMO