"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e director de escena. Dirixiu o Teatro de Cámara de Zaragoza (1966-1969), foi profesor da Real Escuela Superior de Arte Dramático (desde 1976) e catedrático de Dirección de Escena (desde 1989). Como director de escena cómpre salientar os espectáculos La vengadora de las mujeres, Los veraneantes ou La Mojigata. Como investigador ten publicado diversos estudios sobre R.M. Valle-Inclán, B. Brecht, F. García Lorca, V.E. Meyerhold, ademais de traballos sobre política teatral, como o volume Teatro, realismo y cultura de masas (1974), ou de estudios colectivos, como Autoras en la Historia del Teatro Español e Directoras en la Historia del Teatro Español. Foi un dos fundadores da Asociación de Directores de Escena de España e impulsou proxectos, como a celebración de congresos e seminarios ou a edición de estudios e textos dramáticos, así como a revista ADE/teatro. Ten colaborado con publicacións como Triunfo, Cuadernos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (514-523). Estableceu a professio fidei, denominada tamén fórmula de Hormisdas (519), que propuña unha volta á doutrina dos concilios de Nicea e Calcedonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e deseñador belga. Foi autor das casas Geenens de Gante (1878-1780) e da edícula Lambeaux en Bruxelas (1889). Cos Hôtel Tassel (1893) e Hôtel Solvay (1894) de Bruxelas constribuíu a definir o estilo art nouveau. Entre outras obras realizadas en Bruxelas destacan a Casa do Pobo (1895) e os almacéns L’Innovation (1901), os dous desaparecidos; a súa casa (1898), convertida no Horta Museum e o Hôtel Aubecq (1899).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    ; Orador latino. Foi cuestor (81 a C), edil (75 a C) e pretor (72 a C), e conseguiu grandes éxitos grazas á novidade da súa elocuencia, influída polas escolas gregas de Asia Menor. Foi elixido cónsul (69 a C) e combateu a Pompeio (66 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica á horticultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á hortofruticultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de cultivo de hortas e frutais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada no Hospital (Quiroga). Pode ter a súa orixe no s XII, aínda que a fábrica que se conserva é do s XVIII. A súa planta case é cadrada, con tres plantas e pináculos nas esquinas. Na fachada N conserva dous escudos enmarcados por unha moldura acobadada na parte superior; un alude aos Losada, Quiroga de la Puebla, Quiroga de Quiroga e Valcarce, e outro aos Somoza, Quiroga, Alonso e Balboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hospital Real de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reunión celebrada no Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela o 29 de setembro de 1980, na que participaron as forzas políticas Unión de Centro Democrático, Alianza Popular, Partido Comunista Galego, PSdeG-PSOE e o Partido Galeguista. Debateron e reformaron algúns dos aspectos máis conflitivos do proxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia, como a redución drástica do número de deputados ou a permanencia das deputacións provinciais, e lograron consensuar un novo proxecto, que foi aprobado pola Asemblea de Parlamentarios e pola Comisión Constitucional, e publicado no Boletín de las Cortes o 4 de novembro de 1980.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que lle deron os colonos europeos ao pobo khoikhoi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Recibiu o Prix de Rome (1764-1768). Foi un grande anatomista, feito que reflectiu entre outras obras en L’Écorché (1766) e Diane (1781) e nos retratos que fixo da burocracia intelectual. Foi autor, entre outros, dos bustos de Diderot (1771), Sophie Arnould (1775), Franklin (1778) e Voltaire (1788). En 1785 realizou unha estatua de George Washington para o Capitolio de Virginia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz teatral e cinematográfica estadounidense. Coñecida como Katharine Hepburn, recibiu catro Oscar ao longo da súa carreira pola súa interpretación en Morning Glory (1933), Guess who’s Coming to Dinner (1967), The Lion in Winter (1968) e On Golden Pond (1981). Interpretou personaxes dramáticos, cómicos e traxicómicos. Entre outros filmes nos que participou destacan, The Philadelphia Story (1940), The African Queen (1952), The Madwoman of Chaillot (1968), The Ultimate Solution of Grace Quigley (1984) ou Love Affair (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e fisiólogo. Foi o fundador e director, ata 1946, do Instituto de Medicina Biolóxica e Experimental. Realizou importantes estudios sobre o metabolismo dos glícidos, a fisiopatoloxía da diabete e a actividade do lóbulo anterior da hipófise. É autor de moitos libros, entre os que, cabe destacar Fisiología humana (1945), que se publicou en nove idiomas e foi un dos libros básicos para o ensino. Recibiu, en 1947, xunto con C. e G. Cori, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, polo descubrimento da hormona da pituitaria que se opon á acción da insulina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Texas, EE UU, na chaira litoral do golfo de México (1.953.631 h [2000]). É a principal cidade do estado demográfica e economicamente, centro da industria algodoeira e química do país. Tamén acolle a estación de seguimento dos satélites e naves espaciais da NASA. Fundada en 1836, converteuse a finais do s XIX nun importante centro ferroviario, que distribuía o petróleo dos pozos texanos. Do seu patrimonio cultural destacan o Old Markey Square, o Sam Houston Historical Park (s XIX) e o Astrodome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Gobernador de Tennessee (1827), dirixiu a sublevación dos colonos anglosaxóns en Texas (1836) e foi o primeiro presidente da República de Texas (1836-1844). Despois da súa anexión por EE UU foi o seu gobernador. Deulle nome á cidade de Houston.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canle situada entre a Terra de Baffin e a península de Ungava, Canadá, que comunica a baía de Hudson coa baía de Ungava e o mar do Labrador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Investigador cinematográfico. É catedrático de Historia do Cine do Departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela. Diplomado en Cinematografía pola Cátedra de Historia e Estética da Cinematografía da Universidade de Valladolid, desenvolveu un importante labor académico e investigador coa publicación de numerosos artigos e estudios sobre o medio cinematográfico. Neste aspecto destaca a súa dirección de diversos e importantes proxectos de investigación no seo da Universidade de Santiago de Compostela, con publicacións derivadas dos mesmos, como Catálogo dos fondos cinematográficos nos arquivos públicos galegos (1990), Fontes e documentos sobre cine en Galicia nos arquivos da Administración Central (1992), Filmografía Galega. Longametraxes de Fición (1998) e Filmografía Galega. Curtametraxes (2002). Outras das súas liñas de investigación foron as relacións entre historia contemporánea e cine, o estudo dos xéneros cinematográficos e a reflexión sobre o cine histórico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado ao NL da capital (1.812 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO