"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Compositor. Foi organista da catedral de València e unha das figuras máis destacadas dentro da música para órgano da segunda metade do s XVII. Excelente na arte da variación, a súa obra caracterízase polas fortes disonancias. Da súa produción consérvanse oito pezas corais de carácter relixioso e numerosas obras para órgano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da serra dos Ancares, situado no límite entre as parroquias (e concellos) de Vilaspasantes (Cervantes) e Noceda (As Nogais). O seu cumio atópase a 1.198 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Exerceu como avogado e foi autor, fundamentalmente, de novelas, entre as que destacan L’âge ingrat (Idade ingrata, 1962), Le bonheur du jour (A felicidade dun día, 1960), Les cartes du temps (As cartas do tempo, 1962), La bataille de Toulouse (A batalla de Toulouse, 1966), Chateaubriand (1988) e Mauriac, le Roman et Dieu (Mauriac, a novela e Deus, 1991). Cultivou tamén o ensaio sobre a literatura e os estudios históricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e filósofo occitano. Foi un dos representantes da corrente da ideoloxía. De orientación mecanicista, valorou á vez os aspectos psicolóxicos e combateu o vitalismo. Profesor de hixiene en París durante a Revolución, e máis tarde de clínica no École de Médecine, é autor de Rapports du physique et du moral de l’homme (Relación da física e da moral do home, 1802) e Lettres sur les causes premières (Cartas sobre as causas primeiras, 1806).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico norteamericano. Comezou a súa carreira no cine mudo como asistente de Griffith en 1912. Traballou con diversas produtoras como a Triangle, a Universal e a MGM, coas que adquiriu certo prestixio. A chegada do cine falado significou un freo á súa carreira. Dirixiu, entre outras películas: The Dishonored Medal (A medalla deshonrosa, 1914), Live and Let Live (Vive e deixa vivir, 1921), Hotel Continental (1932), Storm over the Andes (Tormenta sobre os Andes, 1935) e Silver Trails (Estelas prateadas, 1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico occitano. Exerceu como profesor e como director do laboratorio de investigacións físicas na Université de la Sorbonne. Traballou sobre as aplicacións da óptica electrónica na determinación das estruturas moleculares e sobre o efecto electroóptico de Kerr. É autor de La diffusion moléculaire de la lumière (A difusión molecular da luz, 1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Construción adxacente á casa que serve para gardar os instrumentos de traballo ou os produtos da colleita.

    2. Denominación que recibe o hórreo en certas zonas de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Pontedeume. Relacionado con esta caste está o apelido Cabanón. As súas armas levan, sobre campo de azul, un cabano para gardar apeiros de labranza e leña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten os cornos curvos, retorcidos cara a abaixo, especialmente os do boi e os da vaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Construción rústica na que se gardan os apeiros de labranza, o carro ou outros elementos agrícolas.

    2. Corte ampla e grande para gardar as ovellas.

    3. Cabana moi deteriorada na que apenas se pode habitar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terra levantada polo arado que queda entre rego e rego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Allariz. As súas armas levan, sobre campo de azul, un terreo de sinople cun cabañón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘telleira’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta prerromántico. A súa primeira poesía publicada foi “Oda a Doña María Josefa Amalia, reyna de España” (1828). Influído por Horacio e Alfieri, escribiu Preludios de mi lira (1833). Publicou ademais o poema Cántico nupcial (1833).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Financeiro e diplomático ilustrado, conde de Cabarrús. Á súa iniciativa débese a creación do Banco de San Carlos (1782), o primeiro banco oficial da monarquía, do que foi director; a creación duns vales reais para financiar a guerra con Gran Bretaña (1779-1783) e a formación da Compañía de Filipinas (1785), que monopolizou o comercio con Asia. Foi conselleiro de Facenda con Godoy e, a partir de 1797, como ministro plenipotenciario, realizou diversas misións diplomáticas en Europa a favor do Directorio, entre as que cómpre salientar as conversas de paz franco-británicas de Lille. Así mesmo, foi director da Caixa de Consolidación de Vales creada por Murat en 1808. Ao acceder ao trono Xosé I Bonaparte, foi nomeado ministro de Facenda. Entre outras obras escribiu: Erudición política: despertador sobre el comercio, agricultura y manufacturas, con abisos de buena política (1743), Cartas sobre los obstáculos que la naturaleza, la opinión y las leyes oponen a la felicidad pública (1792-1793), dirixidas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor norteamericano. Destacou principalmente como autor dun ciclo novelístico sobre Poitesme, un reino imaxinario a través do que satiriza a sociedade moderna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador catalán en lingua provenzal. Participou na Batalla de Las Navas de Tolosa. Segundo a lenda, á que contribuíron autores como Boccaccio ou Stendhal, estivo namorado de Saurimonda, muller de Ramon de Castell-Rosselló; o marido, celoso, matouno e deulle o seu corazón como manxar á dona, quen, ao sabelo, se suicidou. Consérvanse nove cansós súas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor románico anónimo. Caracterízase polo pregamento das vestiduras, pola forma das mans e, sobre todo, pola expresión das cabezas, de onde emerxen os ollos, marcados con dous golpes do trépano baixo o arco das cellas. Da súa autoría destaca o tímpano da igrexa de Cabestany, no Rossellón. Tamén desenvolveu a súa actividade por Catalunya, Navarra e   Toscana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequeno subsistema montañoso da vertente oriental da serra de Queixa, no chamado macizo de Manzaneda. Esténdese polo territorio das parroquias de Cernado, Paradela ambas as dúas no concello de Manzaneda, Pena Petada e Somoza (concello da Pobra de Trives), sobre un contexto litolóxico dominado polo granito e afectado polo modelado glaciar. O seu cumio é o pico da Cabeza Grande, que acada os 1.782 m de altitude, na parroquia de Cernado. En Cabeza de Manzaneda radica a única estación de inverno existente na Comunidade Autónoma, creada en maio de 1972, con pistas habilitadas para a práctica do esquí. Ademais da práctica dos deportes especificamente invernais, a oferta lúdica da estación de montaña diversificouse, favorecida pola introdución de novas disciplinas deportivas e actividades na natureza, e, sobre todo, polo proceso de popularización das vacacións e do tempo de lecer. Deste xeito, Cabeza de Manzaneda converteuse nun centro de ocio aberto todo o ano, que é aproveitado entre outras...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cabeza de Manzaneda.

    VER O DETALLE DO TERMO