"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
GALICIA
Construtora e manipuladora de bonecos. Estudiou marionetas no Institut del Teatre de Barcelona. Realizou diversos espectáculos entre os que destacan A guerra das Galíxias de Jorge Rey e Agasallo de sombras co Centro Dramático Galego. É tamén autora, xunto con Rafael Vázquez, de Maltraste, que estreou en 1992 co grupo Trécola, no que traballa habitualmente.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
s
-
Cabrestante de cadeas inventado polo oficial da mariña francesa Barbotin que se caracteriza porque na parte inferior do gardainfante leva un anel de ferro moldeado en forma de 8.
-
Arco con coroa Barbotin no que esta, no canto de ir fixada ao eixo daquel, acciónase desde o interior por un pequeno piñón cravado na cuberta que se pon a andar no seu torno por medio dunha roda dentada solidaria no eixo do cabrestante. Conserva a posibilidade de manobrar co brazo a pesar do esforzo que a miúdo cómpre realizar para levar áncoras.
-
Conxunto de dous cabrestantes cun eixo común situados en diferentes cubertas.
-
Cada un dos diferentes tipos de cabrestantes movidos co brazo que se empregan para facer grandes esforzos cando o número de homes debe reducirse. Un sistema de rodas ensambladas na base amplía considerablemente ese esforzo.
-
Cabrestante cun dispositivo para poder traballar con cadeas.
-
-
PERSOEIRO
Médico. Publicou en 1687 unha Carta filosófica médico-chímica, onde rexeitaba a autoridade dos médicos clásicos como Galeno e onde propugnaba un novo criterio baseado na experiencia. A súa especialidade foi a iatroquímica. Foi socio fundador da Regia Sociedad de Medicina y Otras Ciencias de Sevilla (1700).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Benedictino de Solesmes (1878), foi abade de Farnborough (1903). Autor de Le livre de la prière antique (O libro do rogo antigo, 1900). Dirixiu os Monumenta Ecclesia Liturgica (Actas eclesiásticas litúrxicas, 1900-1912) e o Ditionnaire d’archéologie chrétienne et de liturgie (Dicionario de arqueoloxía cristiá e de liturxia).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político peruano. Entre 1857 e 1860 foi agregado militar da legación peruana en París. Participou activamente na Guerra do Pacífico (1879-1883) onde liderou a resistencia peruana contra os chilenos. No ano 1886, foi elixido presidente ata 1890 cando foi derrocado por Morales Bermúdez. Nos anos seguintes foi destinado a Inglaterra e Francia como ministro plenipotenciario. A súa volta a Perú produciuse no ano 1894 cando ocupou o poder pola forza. A súa ditadura durou un ano, ata 1895, cando un novo golpe de estado o obrigou a exiliarse. Durante os seus mandatos presidenciais puxo en práctica unha política económica destinada a diminuír a débeda externa do seu país polo que cedeu a explotación do ferrocarril durante sesenta anos e parte da explotación de guano a Gran Bretaña. Entre 1905 e 1911 foi enviado extraordinario e ministro plenipotenciario en Italia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen persiste nunha idea ou actitude, sen desistir dela nin sequera ante razóns convincentes.
-
CIDADES
Cidade do departamento de Val-de-Marne, na île-de-France, Francia (24.226 h [1990]), situada ao S de París.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ou quen porfía nas súas ideas ou actitudes, incluso en contra da evidencia.
-
Ser imaxinario que representa o mal.
-
Diaño luxurioso.
-
Home luxurioso e mullereiro.
-
-
PERSOEIRO
Político. Estudiou pedagoxía nas universidades de Santiago de Compostela e Madrid, exerceu como inspector xefe de ensino primario en Lugo. En 1977 foi elixido senador por Lugo na candidatura de Alianza Popular (AP), cargo que renovou nas seguintes lexislaturas. De 1982 a 1986 foi conselleiro de Educación no primeiro goberno galego, presidido por Xerardo Fernández Albor. Dende 1983 é presidente da Deputación de Lugo. No 2000 abandonou a dirección provincial do PP. Foi galardoado coa medalla de ouro da Cruz Vermella e elixido lucense do ano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fundada en Santiago en 1986 e integrada por Xurxo Rei e Carmen Domech, dende os seus comezos fixo obras de carácter infantil orientadas a establecer unha comunicación directa dos rapaces e rapazas cos títeres. Utilizando diversas técnicas (sombras chinesas, títeres de variñas, de fío, de luvas, bunrakus, etc) presentou os seguintes espectáculos: Falabarato, de Kukas e X. Rei (1986), O carballo 29, de Kukas (1986), Cousas de Castelao, adaptación de X. Rei (1986), Don Gaifeiros, de Kukas e Xurxo Rei, coproducido co Centro Dramático Galego (1987), Pío pío arrechouchío, de Kukas (1988), As vodas totais, de X. Rei, espectáculo de rúa (1988). Posteriormente realizaron unha serie de pezas adaptadas por Xurxo Rei a partir de coñecidos textos: A bela e a besta (1988), Noite de verán (1990), Xoguetes, a partir de O soldadiño de chumbo (1991), Pinochio (1993) e A illa do tesouro (1994). En 1994...
-
VER O DETALLE DO TERMO
cachamoulán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ermida situada en Ribas de Sil (Nogueira de Ramuín). En estado ruinoso, conserva unha inscrición fundacional do abade Franquila, fundador do mosteiro de Ribas de Sil. O epígrafe funciona como lintel da porta.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico grego. Trátase dun dos directores máis recoñecidos no ámbito internacional. É autor de obras de temática nacional e de tipo popular, nas que soubo empregar as ensinanzas da traxedia grega. Dirixiu, entre outros filmes, Kiriakatikó Xýpnima (A caída en Atenas, 1953), Elektra (1962), Zorba, the Greek (Zorba o grego, 1964), Iphigenia (Ifixenia, 1976) e Sweet Country (Doce país, 1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que dura un ano.
-
Aplícase á árbore que dá froita todos os anos.
-
Que dá unha cría cada ano.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
pos Forma especial do galego que ten un valor posesivo-distributivo e que presenta variacións de xénero e número: cadanseu, cadansúa, cadanseus e cadansúas, aínda que son máis frecuentes as formas en singular. Estas formas empréganse para distribuír ou adxudicar un determinado obxecto ou un mesmo número de obxectos, entre varios posuidores, considerados individualmente (
-
GALICIA
Actor, director e autor teatral. Coñecido artisticamente como Quico Cadaval, foi o impulsor do movemento de contacontos xurdido en Galicia a mediados da década dos noventa. Comezou a súa andaina no teatro da man do Pequeno Obradoiro, para participar posteriormente en montaxes de O Moucho Clerc (Da Vinci levaba razón, de Roland Topor no ano 1987) e do Centro Dramático Galego (Agasallo de sombras, de R. Vidal Bolaño en 1984). Como director puxo en escena: Días sen gloria, de Vidal Bolaño para Teatro do Aquí (1993), Squash, de Ernesto Caballero (1995) ou A voda dos moinantes, de Synge (1996) para a Compañía de María, Como en Irlanda, espectáculo baseado en dous textos de Synge e Antón Villar Ponte para o Centro Dramático Galego (1996) ou Un lunar vermello (con pintiñas azuis), de Pilar Pereira para a Compañía de Pilar Pereira. Tamén é importante o seu papel de adaptador teatral, destacando a versión Memoria...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Cineasta. Licenciado en Ciencias da Información e bolseiro da Academia de Belas Artes de Roma e da Fundación Juan March. Preocupado pola experimentación icónica destacan as súas películas en super 8 dos anos oitenta. Dedícase preferentemente ao cine industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Capela situada no Cadramón (O Valadouro). De estilo románico, foi construída no s XI e restaurada recentemente. Conserva pinturas murais no seu interior.
-
GALICIA
Realizador de vídeo. Elaborou unha exposición titulada Aillados/Documentos, da que tamén editou un manual. Entre as súas obras en vídeo destacan: O Curro, Comedia Americana, Aillados e A Exposición Rexional Galega. Obtivo diversos premios nunha serie de certames celebrados en Vilagarcía, Cádiz e Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Ingresou en 1758 no convento de San Francisco, en Santiago de Compostela. Continuou coas obras da súa igrexa aplicando no segundo corpo da fachada as modificacións neoclásicas impostas en 1778 pola Real Academia de San Fernando. Realizou a cúpula do cruceiro en 1782, así como a torre das campás en 1787. Atribúeselle o desaparecido retablo de santo Antón, no antigo templo deste convento. En 1783 deseñou o novo trazado da rúa de Santa Clara de Santiago de Compostela e en 1790 a condución de augas da cidade, no tramo comprendido entre as rúas Espírito Santo e San Caetano.
VER O DETALLE DO TERMO