cabrestante

cabrestante

(< provenzal cabestran‘utensilio para enrolar cables’)

  1. m [MAR]

    s

    Ex:  Precisamos dun cabrestante para izar a amarra de áncora.

    Confrontacións: cabria, grúa, guindastre.
  2. cabrestante de Barbotin [MAR]

    Cabrestante de cadeas inventado polo oficial da mariña francesa Barbotin que se caracteriza porque na parte inferior do gardainfante leva un anel de ferro moldeado en forma de 8.

  3. cabrestante de Barbotin multiplicador [MAR]

    Arco con coroa Barbotin no que esta, no canto de ir fixada ao eixo daquel, acciónase desde o interior por un pequeno piñón cravado na cuberta que se pon a andar no seu torno por medio dunha roda dentada solidaria no eixo do cabrestante. Conserva a posibilidade de manobrar co brazo a pesar do esforzo que a miúdo cómpre realizar para levar áncoras.

  4. cabrestante dobre [MAR]

    Conxunto de dous cabrestantes cun eixo común situados en diferentes cubertas.

  5. cabrestante múltiple [MAR]

    Cada un dos diferentes tipos de cabrestantes movidos co brazo que se empregan para facer grandes esforzos cando o número de homes debe reducirse. Un sistema de rodas ensambladas na base amplía considerablemente ese esforzo.

  6. cabrestante por cadeas [MAR]

    Cabrestante cun dispositivo para poder traballar con cadeas.