guindastre

guindastre

(< fr antigo guindas

  1. s m [TECNOL]

    Aparato que se emprega para levantar ou mover grandes pesos, provisto dun gancho ou culler suspendido dun cable. Consiste, fundamentalmente, nunha estrutura metálica provista dun torno de tracción en que se enrola o cable que eleva a carga. A estrutura é xeralmente móbil e ten un brazo ou pluma xiratorio, ríxido ou articulado, polo extremo do que pasa o cable de elevación. Na construción emprégase o guindastre torre, constituído por unha torre metálica, fixa ou montada sobre carrís, cun brazo horizontal xiratorio polo que corre un carro que porta os mecanismos de elevación da carga. O guindastre ponte, consiste nunha estrutura metálica horizontal que corre por un raíl suspendido a certa altura e provisto, tamén, dun carro cos mecanismos elevadores. Cando a estrutura do guindastre está apoiada sobre pés, e estes ao mesmo tempo sobre raís, denomínase guindastre pórtico.

    Sinónimos: grúa, guinche.
  2. s m [TECNOL/TRANSP]

    Vehículo automóbil provisto dun guindastre para remolcar a outros vehículos.

    Sinónimos: grúa, guinche.
  3. s m [TECNOL/IMAX]

    Aparato provisto dun brazo longo mecánico en que vai fixada unha plataforma para colocar nela unha cámara, permitindo unha gran variedade de movementos, tanto horizontais como verticais.

    Sinónimos: grúa, guinche.

Palabras veciñas

2 guindal | guindaleta | guindar | guindastre | guindeira | Guindilla, La | guindola