cabria

cabria

(< lat caprĕa ‘cabramontesa’)

  1. s f [MAR]

    Aparello capaz de erguer grandes pesos, empregado na construción e nos portos, para cargar e descargar elementos moi pesados e, antigamente, para arborar os barcos. Está formado por dous mastros, inclinados cara a adiante respecto ao punto de soporte e unidos no extremo superior, de onde colga unha polea. O conxunto mantense firme por medio de cables tensores ou por unha terceira trabe que converxe coas outras dúas. Pode estar fixo nun peirao ou flotante, montado sobre plataformas.

  2. s f [HERÁLD]

    Peza heráldica que ten a forma dun compás aberto, co ángulo no centro do xefe e coas puntas nos ángulos inferiores. Dependendo do lugar que ocupe no escudo recibe diferentes denominacións: baixada, se está nunha posición máis baixa do normal; deitada, se a punta está cara ao flanco destro; deitada contornada, se está cara ao sinistro; fallida, se a súa parte central aparece rota ou desprazada; apuntada, se son dous cabrios invertidos que teñen as súas puntas no centro do escudo.