Cabrera, La

Cabrera, La

Comarca natural que se estende pola Serra do Teleno, drenada polo río Cabrera, afluente do Sil. Situada ao L de Valdeorras e ao S do Bierzo, está integrada no partido xudicial de Ponferrada e, polo tanto, na provincia de León e na comunidade autónoma de Castela e León. Abrangue os municipios de Encinedo e Castrillo de Cabrera. Durante o Antigo Réxime constituía unha xurisdición baixo o señorío do marqués de Villafranca del Bierzo.