"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Cada un dos minerais da clase dos silicatos que presenta unha estrutura constituída por tetraedros de (SiO4)-4 que forman cadeas de lonxitude teoricamente indefinida unidas por catións. Subdivídense en piroxenos, de cadea simple, e en anfíbolos, de cadea dobre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos fosfolípidos que conteñen inositol no canto do alcol nitroxenado característico deste grupo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [hexahidroxiciclohexano: C6H6 (OH)6]

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Condición de inquilino.

    2. Relación de arrendamento que existe entre o inquilino e o caseiro.

    3. Dereito que adquire o inquilino dunha propiedade arrendada.

    4. Cantidade que o inquilino paga en concepto de arrendamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Inquisición ou aos inquisidores.

    2. Aplícase ao tratamento ou procedemento excesivamente severo ou cruel, ou que recorda os métodos da Inquisición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non produce satisfacción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non está completo ou cheo.

    2. Que non está contento.

    3. Que non se pagou ou cumpriu o que se debe ou o que se prometera.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de inscribir ou inscribirse.

    2. Aplícase á figura que se inscribiu noutra. Unha figura A inscrita na figura B ten B por figura circunscrita.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente aos insectos.

      2. Artrópodo da clase dos insectos.

      3. Clase de artrópodos que se caracterizan por ter o corpo segmentado dividido en tres rexións (cabeza, tórax e abdome), tres pares de patas, dous pares de ás e metamorfose durante o seu desenvolvemento. A cabeza está formada por seis segmentos soldados cubertos pola cápsula cefálica (constituída por escleritos, como o clípeo), un par de antenas e o aparato bucal (dúas mandíbulas, dous maxilares e un labio), variable segundo a alimentación; tamén posúen un par de ollos compostos (debaixo das antenas), e certas ordes poden ter ademais un par de ocelos. O tórax está dividido en tres segmentos (protórax, mesotórax e metatórax), e en cada un deles está inserido un par de patas (cada unha con coxa, trocánter, fémur, tibia e tarso); ademais, nos dous últimos segmentos insírense unha parella de ás nerviadas, que poden ser membranosas ou non (élitros, hemiélitros). Algúns insectos carecen de ás debido ao parasitismo (pulgas), ao seu primitivismo (colémbolos e demais apterigotos), ou por vivir en hábitats...

    1. Nome que se dá a insectos fásmidos do xénero Phyllium caracterizados polo feito de teren o corpo achaiado, de cor verde, forma de folla e con expansións laminares. Viven nas fragas da rexión indomalaia e nas illas de Sri Lanka e as Seychelles.

    2.   Nome que se dá a insectos da orde dos fásmidos, co corpo áptero, delgado, alongado e cilíndrico, e que presenta homocromía. Esencialmente nocturnos, quedan completamente inmóbiles durante o día. Hai numerosas especies que habitan as rexións tropicais e subtropicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • entomoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • entomolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que denota insensatez ou falta de sentido común.

    2. Que ou quen actúa sen sentido común ou de forma imprudente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non está enterrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de inserir ou inserirse.

    2. Aplícase ao órgano unido a outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que causa sorpresa pola súa rareza ou a súa forma desacostumada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen ten como función inspeccionar.

      1. Funcionario público que ten por misión inspeccionar ou vixiar unha actividade ou sector que lle son asignados.

      2. Axente de policía que pertence a unha escala determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á inspiración respiratoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conduta innata, reflexa e estereotipada que responde a un patrón xeneticamente establecido no animal grazas á experiencia filoxenética da súa especie. A conduta instintiva é activa, de xeito que o animal busca constantemente, levado por un ánimo debido ás condicións internas (estado fisiolóxico interno) e externas (ambiente). É moi importante na supervivencia das formas inferiores, que carecen de coidado parental, polo que responden correctamente en canto nacen. Nos animais máis avanzados con coidado parental, o comportamento pode ser modificado pola aprendizaxe. A conduta instintiva ten manifestacións moi diversas, e atinxe ao grao máis alto nos insectos sociais, e tamén nos peixes, nos anfibios, nos réptiles, nos paxaros e nos mamíferos. No ser humano, a conduta instintiva é pouco importante. Un exemplo de conduta instintiva nos animais é o celo (consecuencia dun estado fisiolóxico interno). Outras condutas instintivas son as migracións, a marcha dos sapoconchos acabados de nacer para...

      2. Facultade que teñen os seres vivos de actuar dunha maneira adecuada sen ter que recorrer á experiencia, á educación ou á reflexión.

    1. Popularmente, facultade natural dalgúns individuos de sentir ou de adiviñar.

      1. Impulso conxénito a reaccionar diante duns estímulos emotivos particulares.

      2. instinto de morte

        destrudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Organismo oficial que presta un servizo de interese público.

      2. Institución científica e cultural.

      3. Centro onde se realizan as funcións destes organismos ou institucións.

    1. Centro estatal de ensino secundario. En España apareceron, na segunda metade do s XIX, diversos centros promovidos por entidades privadas ou paraoficiais que, coa denominación de instituto, daban un tipo de ensino, en materias específicas, intermedio entre o ensino primario e o ensino superior. Este nivel de ensino, dado tamén como primeiro grao universitario, foi recollido na súa especificidade pola Lei de Ensino de 1845, en que se reservaba este nome para os novos centros estatais que haberían de ser os únicos con dereito a expedir o título oficial de ensino medio ou secundario. A aplicación da Lei Xeral de Educación (1970) puxo de manifesto a insuficiencia e promoveu a creación de filiais dependentes de cada centro. En 1959 creáranse os institutos laborais dedicados ao ensino secundario técnico.

    2. Regra dunha orde ou congregación relixiosa establecida no momento da súa fundación.

    3. Congregación relixiosa ou corpo militar instituídos por unha norma.

    4. Establecemento que presta determinados servicios.

    VER O DETALLE DO TERMO