inosilicato

inosilicato
s m [MINERAL]

Cada un dos minerais da clase dos silicatos que presenta unha estrutura constituída por tetraedros de (SiO4)-4 que forman cadeas de lonxitude teoricamente indefinida unidas por catións. Subdivídense en piroxenos, de cadea simple, e en anfíbolos, de cadea dobre.