"ARE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1669.

  • PERSOEIRO

    Rei dos medas (624-584 a C). Durante a dominación do reino polos escitas, adestrou o seu exército nas súas técnicas guerreiras. Conseguiu expulsar os escitas e expandiu o reino ata as montañas de Anatolia e o lago Van. Marchou contra os asirios e, coa axuda do rei de Babilonia, destruíu a capital do Imperio, Nínive, no 612 a C. Continuou a súa expansión á costa dos reinos de Lidia e Urartu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e autor dramático. De formación neoclásica, é un dos precursores do romanticismo. A súa obra poética recolleuse, por orde de Fernando VII, en dous volumes co título Obras poéticas (1816). Escribiu tamén traxedias e publicou unha serie de artigos que motivaron a súa deportación a Francia en 1908.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do N do estado de Chihuahua, México, á beira do Río Bravo, na fronteira con Texas (EE UU), fronte á cidade de El Paso (789.522 h [1990]). A poboación aumentou por mor das relacións comerciais cos EE UU, intensificadas dende a entrada en vigor do Tratado NAFTA en 1994. Centro económico dunha rexión de cultivo intensivo, é o mercado do algodón máis importante do país. Fundárona os misioneiros franciscanos coa denominación de Paso del Norte en 1662. Durante a invasión francesa, Juárez instalou alí o seu cuartel xeral e na súa memoria cambióuselle o nome en 1888.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo suízo. Profesor de psicoloxía e de pedagoxía na Universidade de Xenebra, en 1901 fundou, con Théodore Flournoy, Archives de Psychologie, a primeira revista francesa de psicoloxía. A súa teoría funcional da educación traduciuse, no terreo práctico, na escola activa, onde calquera actividade está baseada na necesidade e no interese do neno, e deu fundamentación psicopedagóxica ao movemento europeo da escola nova, do que formou parte. Creou, en 1912, o Instituto Jean-Jacques Rousseau, denominado posteriormente Instituto de Ciencias da Educación, centro de estudo da formación da moderna pedagoxía europea, ata o momento da Segunda Guerra Mundial, ao que acudiron moitos profesionais españois da educación baixo o impulso da Junta para la Ampliación de Estudios. Os inspectores de educación da Coruña (dos anos 20 e 30), José Peinado Altabre e Manuel Díaz Rozas, mantiveron contacto con E. Claparède. Entre as súas obras están L’association des idées...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome inglés do condado irlandés de An Clár.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta inglés. Da súa produción destacan Poems Descriptive of Rural Life and Scenery (Poemas descritivos da vida e da paisaxe rural, 1820), The Village Minstrel (O músico da vila, 1821) e The Shepherd’s Calendar (O almanaque do pastor, 1827).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar claridade a algo ou tornalo menos escuro.

    2. Tornarse claro algo.

    3. Aparecer a luz do sol pola mañá.

    4. Quedar o ceo limpo de nubes.

    5. Poñer ao clareo. Ex: Co pouco sol que vai a roupa non clarea nada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Período breve de tempo no que se percibe algunha claridade entre as nubes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Espacio dun bosque desprovisto de árbores.

    2. Espacio dun terreo sementado no que rarea ese cultivo. Ex: As patacas non naceron naquel clareiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título da casa real inglesa concedido en 1362 a Lionel de Anveres, terceiro fillo de Eduardo III, e que reverteu na coroa á súa morte (1368). En 1412 foille outorgado ao príncipe Tomás, fillo segundo do Rei Enrique IV. En 1461 concedéuselle o terceiro ao príncipe Xurxo, irmán de Eduardo IV. En 1789 outorgóuselle ao príncipe Guillerme, fillo terceiro de Xurxo III, e a derradeira concesión realizóuselle ao príncipe Alberte (morto en 1892), fillo maior do Rei Eduardo VII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte do ceo limpo de nubes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Xamaica (1.196 km2; 222.500 h [estim 1994]). A capital é May Pen (45.900 h [1995]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edward Hyde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disposicións promulgadas en Clarendon Park polo Rei Enrique II de Inglaterra en 1164, nas que se definían e limitaban os dereitos do clero. Foron rexeitadas polo chanceler Thomas Becket e polo Papa Alexandre III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación que consiste en estender a roupa, ou as meadas de liño, enxaboada ao sol, botándolle auga a cada pouco para que claree e se poña máis branca ou mesmo sexa máis fácil de quitarlle a sucidade cando se lava de segunda volta. OBS: Xeralmente se utiliza a expresión ó clareo precedida dos verbos poñer, botar e estar. Ex: Puxo todas as toallas brancas ao clareo. Botou as meadas de liño ao clareo e aínda non as recolleu. As sabas están ao clareo para que branqueen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Sallent, Barcelona 1807 - Fontfroide, Languedoc 1870) Eclesiástico. Estudiou no seminario de Vic (1829) e percorreu como predicador as comarcas catalanas. Acusado de colaborar cos carlistas, marchou a Canarias onde realizou un intenso labor como misioneiro (1848). Fundou en Vic a congregación de Misioneiros Fillos do Immaculado Corazón de María en 1849, denominados popularmente claretianos. Nomeado arcebispo de Santiago de Cuba, fundou alí as relixiosas de María Inmaculada. Chamado a Madrid pola Raíña Isabel II, acompañouna ao exilio. Morreu no mosteiro cisterciense de Fontfroide. Foi canonizado en 1950. Fundou a editorial Llibreria Religiosa (1848), onde publicou, entre outros escritos, o devocionario Camí dret i segur per arribar al Cel (Camiño dereito e seguro para chegar ao Ceo, 1843) e o Catecisme de la doctrina cristiana (Catecismo da doutrina cristiá, 1847).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e tratadista de arte. Foi compañeiro de Josep Lluís Sert. Especializado en estudios sobre decoración e mobiliario, publicou Muebles de estilo inglés y su influencia en el exterior (1946); Muebles de estilo francés desde el gótico hasta el Imperio (1952) e Muebles de estilo español (1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao viño feito con mosto de uva branca e tinta e que se fermenta en parte con cangallo da uva tinta. Ex: Imos á tasca tomar uns claretes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos claretianos ou ao seu instituto.

    2. Membro do instituto relixioso chamado congregación de Misioneiros Fillos do Inmaculado Corazón de María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Momento no que comeza a aparecer a luz do día.

    VER O DETALLE DO TERMO