"BAL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1242.

  • PUNTA

    Punta da enseada de Rande (no fondo da ría de Vigo, na súa beira setentrional), situada na parroquia de Santa Cristina de Cobres, no concello de Vilaboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira occidental da ría de Viveiro, situada na parroquia de Covas, concello de Viveiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido que ten a súa orixe nun alcume aplicado a individuos de maneiras pouco finas e refinadas. Na época medieval aparece referido tanto a homes como a mulleres: “Munio ditus Caballus” (doc ano 1177 en P. Loscertales de García de Valdeavellano Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes II, 1976, p 355), “Maior Caualu” (doc ano 1181 en P. Loscertales de García de Valdeavellano Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes II, 1976, p 377).

    2. Liñaxe natural de terras luguesas. Relaciónanse con esta caste os apelidos Cabalos, Cabalar, Cabaliño e Cabalón. As súas armas levan sobre campo de azul un cabalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do fondo da ría de Muros e Noia, na súa beira meridional, no litoral da parroquia de Miñortos, concello do Porto do Son.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLOTES

    Illote do litoral occidental da península do Morrazo, situado na parroquia do Hío, concello de Cangas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista “intemporal” aparecida en decembro de 1985 en Vigo e subtitulada “ou como ver o que non se mira”. Contaba coas colaboracións de Javier Presa Suárez, Suaver, Icaro Jiménez Franco, Icaro, Jesús Santodomingo, El gotas, J. A. Otero de las Heras e F. Palomar. Incluía artigos escritos en galego e castelán de carácter literario como “Desde aquí enfrente”, “Das voltas da vida” e “El día de las cabezas”. Amais tiña unha sección dedicada á poesía e numerosos debuxos e cómics.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa corpulenta que ten pouca delicadeza e educación na súa maneira de actuar.

    2. Muller con aspecto e modais de home.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte do rebordo occidental da depresión de Lemos, na parroquia de Ousende, concello do Saviñao. O seu cumio acada os 581 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gravado rupestre localizado no outeiro de Cogoludo, na parroquia de Santa Mariña de Moimenta (Campo Lameiro). O conxunto representa cabalos e cérvidos dispostos en dúas rochas de granito de gran fino, planas e alongadas. Está situado próximo ao gravado do Cogoludo, co que posiblemente forma un conxunto unitario. Os tres cabalos aparecen en actitude de carreira e sobre o lombo de dous deles aparecen dúas figuras antropomorfas sen extremidades inferiores que levan nas súas mans as bridas do cabalo; ademais, un deles, semella portar un arco ou azagaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta prerromántico. A súa primeira poesía publicada foi “Oda a Doña María Josefa Amalia, reyna de España” (1828). Influído por Horacio e Alfieri, escribiu Preludios de mi lira (1833). Publicou ademais o poema Cántico nupcial (1833).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do apelido Cadaval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Foi coordinador da sección cultural de El Correo Gallego e, posteriormente, da edición galega de El Mundo. Publicou o libro de relatos e poemas Soño do violinista (1990); as novelas, Un home que xaceu aquí (1993), A man dereita (Premio García Barros, 1994) e Unha noite con Carla (Premio Xerais, 1995) e, como guionista de cómic, A irmandade dos lectores tristes (1994) e Flores desde Hiroshima, xunto con Rober G. Méndez (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Moverse alguén ou algo dun lado a outro coma se fose caer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de cambalear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación teatral ambulante, característica dos Séculos de Ouro casteláns, formada por cinco homes e unha muller, que representaba un repertorio limitado, composto por comedias, autos e entremeses, segundo recolle Agustín de Rojas na súa obra Viaje entretenido (1603).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de acios de uva atados cun cordel para colgar do teito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Porción de terra que queda delimitada por dous sucos.

    2. Gancho de ferro colocado no remate da gramalleira do que se pendura o pote ou o caldeiro ao poñelo sobre o lume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz e presentadora. Diplomada en maxisterio, formou parte do grupo de teatro Migallas, co que representou obras como O cantante e as mulleres de Carlos Yus (1992). Participou na montaxe de A lagarada do Centro Dramático Galego (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sober baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO