Cabalos, Laxe dos
Cabalos, Laxe dos
Gravado rupestre localizado no outeiro de Cogoludo, na parroquia de Santa Mariña de Moimenta (Campo Lameiro). O conxunto representa cabalos e cérvidos dispostos en dúas rochas de granito de gran fino, planas e alongadas. Está situado próximo ao gravado do Cogoludo, co que posiblemente forma un conxunto unitario. Os tres cabalos aparecen en actitude de carreira e sobre o lombo de dous deles aparecen dúas figuras antropomorfas sen extremidades inferiores que levan nas súas mans as bridas do cabalo; ademais, un deles, semella portar un arco ou azagaia.