Cabalos, Laxe dos

Cabalos, Laxe dos

Gravado rupestre localizado no outeiro de Cogoludo, na parroquia de Santa Mariña de Moimenta (Campo Lameiro). O conxunto representa cabalos e cérvidos dispostos en dúas rochas de granito de gran fino, planas e alongadas. Está situado próximo ao gravado do Cogoludo, co que posiblemente forma un conxunto unitario. Os tres cabalos aparecen en actitude de carreira e sobre o lombo de dous deles aparecen dúas figuras antropomorfas sen extremidades inferiores que levan nas súas mans as bridas do cabalo; ademais, un deles, semella portar un arco ou azagaia.

Palabras veciñas

Cabalo Furado, O | cabalón | Cabalos, Costa dos | Cabalos, Laxe dos | cabalote | cabana | Cabana