Cabalo Furado, O

Cabalo Furado, O
[PUBLIC]

Revista “intemporal” aparecida en decembro de 1985 en Vigo e subtitulada “ou como ver o que non se mira”. Contaba coas colaboracións de Javier Presa Suárez, Suaver, Icaro Jiménez Franco, Icaro, Jesús Santodomingo, El gotas, J. A. Otero de las Heras e F. Palomar. Incluía artigos escritos en galego e castelán de carácter literario como “Desde aquí enfrente”, “Das voltas da vida” e “El día de las cabezas”. Amais tiña unha sección dedicada á poesía e numerosos debuxos e cómics.

Palabras veciñas

Cabalo | Cabalo Baixo | Cabalo de Aldán, O | Cabalo Furado, O | cabalón | Cabalos, Costa dos | Cabalos, Laxe dos