Cabalo

Cabalo
  1. [ONOM]

    Apelido que ten a súa orixe nun alcume aplicado a individuos de maneiras pouco finas e refinadas. Na época medieval aparece referido tanto a homes como a mulleres: “Munio ditus Caballus” (doc ano 1177 en P. Loscertales de García de Valdeavellano Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes II, 1976, p 355), “Maior Caualu” (doc ano 1181 en P. Loscertales de García de Valdeavellano Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes II, 1976, p 377).

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe natural de terras luguesas. Relaciónanse con esta caste os apelidos Cabalos, Cabalar, Cabaliño e Cabalón. As súas armas levan sobre campo de azul un cabalo.

Palabras veciñas

Cabalo | Cabalo | Cabalo | Cabalo | Cabalo Baixo | Cabalo de Aldán, O | Cabalo Furado, O