cabana

cabana

(

  1. s f

    Construción simple, de dimensións reducidas e que adopta formas diversas, cun só cercado e edificada a base de materiais lixeiros entrelazados, tales como pólas ou troncos, recubertos de palla, cortizas, peles, ou tamén terra e lama. É unha das construcións máis antigas e primitivas, empregada polos pastores para refuxiarse das inclemencias meteorolóxicas.

    Ex: A cabana da serra está caendo, haina que reparar.

    Sinónimos: barraca, bodego, cacharufo, casopa, chabola, choupana, choza.
  2. s f

    Construción rústica, adxacente á casa, empregada para pechar o gando, gardar os instrumentos de traballo ou os produtos da colleita.

    Ex: Gardou o carro e os aveños do campo na cabana.

    Sinónimos: alboio, alpendre, cabanel, cabanón, chapitel, combarizo, pendello.
  3. s f

    Hórreo para gardar e almacenar cereais, especialmente o millo, construído con ramas ou materiais naturais sobre uns pés e con teito de palla. OBS: Tamén se emprega, nalgunhas zonas de Galicia, como denominación xeral de hórreo.

    Ex: Meteu o millo na cabana.

  4. s f

    Casa pequena e ruín construída con madeiras e teito de palla.

    Ex: Vivían todos xuntos nunha cabana.

    Sinónimos: casopa, chabola, choupana.
  5. s f

    Canas de millo agrupadas formando un palleiro.

    Ex: Había unha cabana no medio da leira.