bodego

bodego

(

  1. s m

    Casa terreña, ordinariamente sen sobrado de madeira, na que se vive sen reunir as mínimas condicións hixiénicas.

    Ex: Foi vivir para alí durante as obras pero aquilo era un bodego e non aguantou.

    Sinónimos: barraca, cabana, chabola, choupana, choza.
  2. s m

    Local no que as xentes da aldea teñen as súas reunións nocturnas de traballo ou diversión.

    Ex: O domingo chegamos moi tarde do bodego.

  3. s m

    Pequeno depósito ou cuarto para meter as patacas miúdas.

    Ex: Sube as patacas máis grandes para o faiado e as máis pequenas deixámolas no bodego.