bodega
bodega
(< lat apothēca < gr ἀποϴήκε ‘almacén’)
-
s
f
Lugar fresco da casa, xeralmente o soto ou unha construción adxacente, no que se garda o viño.
Sinónimos: adega. -
s
f
Establecemento que elabora viño e se encarga da súa distribución comercial.
Ex: É unha das bodegas con máis prestixio das Rías Baixas.
Sinónimos: adega. -
s
f
Local no que se consomen viños.
Ex: Se queredes imos tomar un viño aquí cerca, nunha bodega que coñezo.
Sinónimos: taberna, baiuca. Confrontacións: cantina. -
s
f
[MAR]
Lugar situado entre os costados e o fondo da embarcación destinado á carga. É un espazo que ten pouca importancia para as embarcacións deportivas ou de lecer, xa que nelas só se almacenan algunhas cousas que non se estragan coa humidade que pode filtrarse.
Ex: A embarcación non volve a porto ata que a bodega estea completamente chea de peixe.