cabanel
cabanel
(< cabana)
s
m
[ETN]
Construción situada moi preto da casa que se emprega como dependencia de almacenamento da leña, toxo, herba ou palla e ao mesmo tempo serve de abeiro para os apeiros de labranza como a grade, o carro, o arado e demais ferramentas de traballo. Ten carácter multifuncional e adoita formas moi variadas. A planta pode ser cadrada ou rectangular e a estrutura vai dende a forma máis primitiva, unha armazón feita con elementos vexetais como xestas ou ramallos, ata os máis complicados de madeira e pedra, onde se introduce xa o muro e a columna.
Ex: Ten o carro gardado no cabanel por mor da choiva.
Sinónimos
Citas
- Ten o carro gardado no cabanel por mor da choiva.