chapitel

chapitel

(< fr antigo chapitel

  1. s m

    Remate dunha torre de forma piramidal, poligonal, cónica ou bulbosa, que termina en punta. Pode ser de pedra ou de madeira chapada de chumbo ou lousa.

  2. s m [ARQUIT]

    capitel.

  3. s m [MAR]
    1. Pequena peza de forma cónica que garda no seu interior unha pedra dura (rubí, zafiro ou ágata), mediante a que o conxunto da rosa e das agullas que conforman o compás descansan sobre o seu eixe.

    2. Parte máis elevada da proa ou da popa dun navío.

  4. s m

    Construción onde se gardan os apeiros de labranza.

    Sinónimos: alboio, alpendre, cabana, cabanel, cabanón, caseta, caseto, casopa, caustra, chabola, choza, combarizo, palleira, pallota, pendello.

Palabras veciñas

chapirrada | chapirro -rra | chapite | chapitel | chapiza | chapizo | chapleta