caseta

caseta

(

  1. s f

    Pequena construción de madeira, lona ou doutro material pouco consistente con diversas utilidades.

    Ex: Os pastores gorécense na caseta cando vai mal tempo. Os labregos adoitan gardar os apeiros na caseta. Antes de adestrar, os xogadores mudan a roupa na caseta do pavillón. Pintamos a caseta do can de cor amarela. O temporal derrubou as casetas dos postos de vixilancia.

    Sinónimos: caseto.
  2. s f

    Construción improvisada, normalmente desmontable, como a dos vendedores nas festas, ferias, etc.

    Ex: No San Froilán visitamos todas as casetas do polbo.

    Sinónimos: caseto.
  3. s f

    Casa pequena e humilde.

    Ex: Non ten cartos e construíu unha caseta de bloques.

    Sinónimos: cabana, caseto, casopa, casopo, chabola, choupana.
  4. s f [MAR]

    Construción dunha embarcación destinada ao abeiro da tripulación. As que posúen moita altura presentan unha gran resistencia fronte ao vento, e en grandes temporais sempre son un punto débil. Nas regatas de altura algunhas embarcacións eliminan este inconveniente sacrificando a comodidade en favor do rendemento e da seguridade, e recorren á cuberta corrida para que quede completamente libre. Nas embarcacións da pesca de altura e baixura ten a forma dun caixón que sobresae da cuberta do barco, onde vai o motor.

    Sinónimos: caseto.

Palabras veciñas

caserna | Caseros | Caserta | caseta | casete | caseteiro -ra | caseto