Caserta
Caserta
Capital da provincia homónima, na rexión de Molise, Italia (74.294 h [1998]). É centro dun mercado agrícola e ten un importante núcleo industrial, con fábricas de derivados alimentarios e tabaco. Fundada polos longobardos no s VIII, no 848 incorporouse ao ducado de Benevento, e no 879 a Capua. Conquistada polos normandos no 1057, a mediados do s XII foi a sede dun bispado. A construción por parte de Carlos VII (futuro Carlos III de España) do palacio real (1752-1754), dirixida por Luigi Vanvitelli a 4 km de Caserta, provocou o nacemento dunha cidade moderna ao seu redor (Caserta Nuova).