casete
(< fr cassette)
-
[TECNOL]
-
s
f
Sistema compacto de cinta magnética para gravar ou con son pregravado, consistente nunha caixa de plástico que contén dúas bobinas nas que vai repartida a cinta, de xeito que ao xirar o conxunto a cinta enrólase nunha bobina e desenrólase da outra. A cinta empregada ten dúas pistas normais ou estereofónicas; a súa anchura é de 3,82 mm e funciona a unha velocidade normalizada de 4,75 cm/s. A calidade das cintas depende da fórmula utilizada na capa magnética. Hai casetes de catro tipos fundamentais: de óxido de ferro (Fe 2 O 3 ), de ferrocromo, de cromo (Cr) ou pseudocromo e de ferro puro (Fe), citados en orde crecente de calidade. Cada tipo de cinta ten que ser gravada e reproducida con aparatos que dispoñan de controis de polarización adecuados. As cintas de casetes levan indicacións nas etiquetas da posición axeitada destes controis. Reproducidas a velocidade normalizada, as dúas caras teñen unha duración de 30, 45, 60, 90 ou 120 minutos, valor que depende do grosor e da lonxitude da cinta. As casetes para a gravación e reprodución de imaxes e son reciben o nome de videocasetes.
Ex: Comprou as casetes do seu grupo de música favorito.
Sinónimos: cinta. -
casete dixital
Tipo de casete no que o sinal, previamente dixitalizado, grávase sobre unha cinta segundo unha sucesión de pistas dispostas en sentido diagonal á súa anchura e paralelas entre elas. As cabezas de gravación e de lectura xiran arredor dun eixe perpendicular ao do sentido de inclinación das pistas. Esta casete, máis pequena ca as tradicionais, pode reproducir un espectro e unha dinámica sonora máis amplos.
-
s
f
-
s
m
[TECNOL]
Magnetófono de cintas de casete que, segundo os modelos, leva incorporada unha radio.
Ex: Avarióuselle o casete e non houbo música na festa.
Sinónimos: radiocasete. -
s
m
[INFORM]
Caixa de material plástico que contén unha cinta para o rexistro de datos. Durante algún tempo empregáronse os casetes para facer copias de seguridade de arquivos informáticos ou simplemente como disquetes.
-
casete BASIC
ROM BASIC.