Caseros

Caseros

Cidade da provincia de Bos Aires, Arxentina, situada no Partido Tres de Febrero, incluído dentro do Gran Bos Aires (340.343 h [1991]). Ten cultivos de cereais e plantacións de liño. A cidade recibe o seu nome de Palomar de Caseros, unha casa histórica fundada en 1799 por Bernardo Casero. Alí tivo lugar a Batalla de Caseros (1852), na que foi derrotado Juan Manuel de Rosas.