"Cid" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 848.

  • Ácido monocarboxílico saturado. Emprégase, xunto cos seus sales, como aditivo alimentario conservador e, sobre todo, como inhibidor do balor no pan. OBS: Tamén se denomina ácido propanoico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia do antigo Reino de Prusia, situada ao O do Vístula, con capital en Gdańsk. Durante os ss XII e XIII constituíu o ducado polaco de Pomerelia e en 1309 foi conquistada pola orde Teutónica. En 1466 reincorporouse a Polonia e recibiu o nome de Prusia Real. A primeira repartición de Polonia (1772) atribuíuna ao Reino de Prusia, e polo Tratado de Versailles (1919) incorporouse novamente ao estado polaco, excepto o enclave de Gdańsk, que se converteu en cidade libre e que non se uniu a Polonia ata 1945.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga denominación do ácido cianhídrico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actividade motriz da persoa contemplada desde o punto de vista psicolóxico, é dicir, como unha actividade que está en función dunha intencionalidade, característica que a diferenza da motricidade. Preténdese superar o dualismo cartesiano corpo-alma e expresar a unidade funcional existente entre psiquismo e motricidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos psitácidos.

    2. Ave da familia dos psitácidos.

    3. Familia de aves, da orde dos psitaciformes, que se caracterizan por presentar unha plumaxe de cores moi vistosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade ou feito de facer ou ser algo de dominio público.

      1. Conxunto de técnicas de comunicación de masas que ten por obxecto anunciar un produto ou servizo para persuadir aos destinatarios de que o consuman ou o utilicen, para o que é necesario determinar previamente os orzamentos cos que se conta para investir en publicidade e cal é o segmento de poboación ao que vai dirixida, e así determinar o contido da mensaxe e os medios a través dos que se comunicará. O Estatuto da Publicidade, aprobado por Lei 61/1964, de 11 de xuño, estableceu en España os principios de legalidade, veracidade, autenticidade e libre competencia polos que considera ilícita a publicidade que ofenda as institucións, lesione os dereitos da personalidade e sexa contraria ás leis e á moral. A Lei 34/1988 Xeral da Publicidade, de 11 de novembro, actualizou os seus contidos á realidade española. O Código Penal de 1996 regulou a publicidade ilícita e definiuna como aquela que atenta contra a dignidade da persoa ou vulnera os dereitos recoñecidos na Constitución de 1978, especialmente...

      2. publicidade enfrontada

        Inserción publicitaria que vai colocada de xeito que a páxina oposta a ela tamén sexa de publicidade.

      3. publicidade estática

        Publicidade colocada en núcleos urbanos, estradas e feiras que normalmente contén imaxes e textos breves, ou nalgúns casos, soamente o logotipo do fabricante ou do produto en cuestión.

      4. publicidade por correo

        Publicidade que se realiza mediante cartas impersoais, folletos ou catálogos e que se introduce nas caixas do correo, co fin de atraer a clientes potenciais dunha determinada localidade xeográfica.

    2. Inscrición ou publicación dos rexistros oficiais para dar a coñecer aos interesados a situación xurídica dos inmobles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de pugnaz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor e pianista. Estudou contrapunto, harmonía, piano e composición en Vigo, Madrid e Barcelona, con Francisco Guerrero, Tristán Murail, Manuel Rodeiro e Magnus Lindberg. Influenciado polas novas tendencias estéticas europeas como o postespectralismo francés, a súa música, dunha grande forza expresiva, amosa unha clara preocupación polo timbre e polo timbre. Das súas obras destacán “Un ceo tódalas noites”, “Liebeslied” para orquestra, “Trío” para clarinete, viola e piano e “Reload” para quinteto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editora de xornais comarcais fundada en 1997 e dirixida por Manuel Casal. Inserida no Grupo Líder, xunto con Radio Líder e o xornal dixital Galiciadiario.com, o primeiro xornal comarcal de RGP foi El periódico de Las Mariñas (1997). A esta publicación seguíronlle El Periódico de Bergantiños (1997), El Periódico de Lalín e Comarca (1998), El Confidencial de Xallas-A Barcala (1998), El Confidencial de entre rías Noia-Muros (2003) e El Confidencial de Costa da Morte (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudo e técnica relativos á produción, transmisión e utilización das ondas radioeléctricas, producidas polas oscilacións eléctricas en circuítos axeitados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección ou gusto polo roubo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao tóxico que se emprega para exterminar ratas e ratos. Pode ser de efecto inmediato, ata as 24 horas, como o fósforo branco, o arsénico, a estricnina ou o cianuro potásico. Outros, derivados da dicumarina, dan lugar a hemorraxias internas que provocan a morte do animal en 5 ou 6 días. Deste xeito, a rata non desconfía do cebo. Destacan o Warfarin, o Tomorin e o Ibys 152.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reaparición dunha enfermidade despois de pasar un tempo sen se manifestar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de recíproco.

    2. Intercambio de bens ou obxectos de valor para establecer ou reforzar as relacións entre persoas sen que conte expresamente o valor económico ou o feito de chegar a un equilibrio entre os bens intercambiados, aínda que iso sexa culturalmente implícito.

      1. Situación, nas obrigas bilaterais, en que os dous contratantes teñen a mesma calidade de creditor e debedor.

      2. Dereito de igualdade e de mutuo respecto entre os estados, que serve de base a todos os acordos internacionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de recocer ou recocerse.

    2. Acción e efecto de recocer ou recocerse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de recoñecer.

    2. Que amosa gratitude e recoñecemento.

    3. Que se admite como verdadeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de reducir ou reducirse.

    2. Que é pequeno ou escaso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de reincidir.

    2. Circunstancia agravante da culpabilidade dun suxeito que se dá cando este, sendo condenado pola comisión dun delito, comete outro con posterioridade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen reincide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incorrer de novo nunha falta, nun delito ou nun erro.

    VER O DETALLE DO TERMO