publicidade
(
-
s
f
Calidade ou feito de facer ou ser algo de dominio público.
Confrontacións: difusión. -
[COMUN/SOCIOL]
-
s
f
Conxunto de técnicas de comunicación de masas que ten por obxecto anunciar un produto ou servizo para persuadir aos destinatarios de que o consuman ou o utilicen, para o que é necesario determinar previamente os orzamentos cos que se conta para investir en publicidade e cal é o segmento de poboación ao que vai dirixida, e así determinar o contido da mensaxe e os medios a través dos que se comunicará. O Estatuto da Publicidade, aprobado por Lei 61/1964, de 11 de xuño, estableceu en España os principios de legalidade, veracidade, autenticidade e libre competencia polos que considera ilícita a publicidade que ofenda as institucións, lesione os dereitos da personalidade e sexa contraria ás leis e á moral. A Lei 34/1988 Xeral da Publicidade, de 11 de novembro, actualizou os seus contidos á realidade española. O Código Penal de 1996 regulou a publicidade ilícita e definiuna como aquela que atenta contra a dignidade da persoa ou vulnera os dereitos recoñecidos na Constitución de 1978, especialmente no que se refire á infancia, á mocidade e á muller. Considera tamén ilícita a publicidade enganosa, desleal e subliminal.
Confrontacións: propaganda. -
publicidade enfrontada
Inserción publicitaria que vai colocada de xeito que a páxina oposta a ela tamén sexa de publicidade.
-
publicidade estática
Publicidade colocada en núcleos urbanos, estradas e feiras que normalmente contén imaxes e textos breves, ou nalgúns casos, soamente o logotipo do fabricante ou do produto en cuestión.
-
publicidade por correo
Publicidade que se realiza mediante cartas impersoais, folletos ou catálogos e que se introduce nas caixas do correo, co fin de atraer a clientes potenciais dunha determinada localidade xeográfica.
-
s
f
-
publicidade dos rexistros
[DER]
Inscrición ou publicación dos rexistros oficiais para dar a coñecer aos interesados a situación xurídica dos inmobles.