difusión
(
-
s
f
Acción e efecto de difundir ou de difundirse.
Ex: A noticia da voda tivo unha gran difusión en todos os medios de comunicación.
Sinónimos: divulgación. -
s
f
Calidade de difuso.
-
s
f
[ANTROPCULT/XEOG]
Proceso de cambio cultural mediante o que diferentes elementos dunha cultura pasan a outra. É difícil de determinar a diferenza entre difusión e aculturación. Con todo, a primeira caracterízase por un contacto cultural feble e unilateral, e por unha comunicación unicamente de características, máis do que complexos, culturais. Os primeiros estudios sobre a difusión foron os de A. Humboldt, que intentou probar a orixe asiática do calendario mesoamericano. Algúns antropólogos consideraron que se podía explicar a xénese das culturas só con este proceso. O xeógrafo Ratzel propuxo o concepto da difusión no eido da xeografía cultural.
-
s
f
[QUÍM/FÍS]
Transporte de materia producido polo movemento molecular ao azar (difusión molecular). Dáse en todos os estados da materia, aínda que o proceso é moito máis lento en sólidos ca en líquidos ou gases (difusión gaseosa). O resultado final é sempre o transporte de materia dun lugar onde a concentración é máis elevada a outro onde non o é tanto, ata chegar a unha igualdade de concentracións. Entre as clases de difusión non molecular está a difusión turbulenta, que se dá nun fluído onde hai mestura por convección térmica; a difusión térmica, producida cando unha fase sen gradiente de concentración se somete a un gradiente de temperatura; a difusión de neutróns, consistente no paso de neutróns a través da materia, e a autodifusión, difusión que se dá como resultado do movemento ao azar nunha única substancia pura.
-
[FÍS]
-
s
f
Alteración da distribución especial dunha radiación que se propaga en múltiples direccións, despois de ser reflectida nunha superficie ou de atravesar un medio determinado.
-
difusión da radiación electromagnética
Proceso no que a radiación electromagnética se desvía polas partículas que constitúen a materia que atravesa dita radiación.
-
s
f
-
s
f
[IND/TECNOL]
Na extracción do azucre, etapa na que se deixa a remolacha en contacto con auga quente a fin de disolver a sacarosa. Lévase a cabo nuns depósitos chamados difusores, e o xarope obtido ten unha concentración aproximada dun 12%.
-
s
f
[COMUN]
Número total de exemplares do mesmo número distribuídos por calquera publicación impresa, ben sexa xornal ou revista. A difusión pode ser pagada -que se refire á cifra total de exemplares vendidos, incluíndo esta as subscricións, as vendas ao número e as vendas en bloque- ou gratuíta -cifra total de exemplares enviados gratuitamente polo editor a un destinatario identificado-.
-
difusión de impurezas
[FÍS]
Na fabricación de dispositivos electrónicos, proceso consistente na deposición dun determinado número de átomos de impurezas na superficie da oblea, seguida dun quentamento do material a fin de que os átomos se difundan no substrato semicondutor.
-
difusión facilitada
[BIOQ]
Transporte de moléculas a través da membrana celular, que non require o consumo de enerxía, no que as moléculas se unen a proteínas específicas denominadas transportadoras, para poder ser levadas cara ao interior ou ao exterior da célula. Este tipo de transporte promove o movemento a favor do gradiente de concentración, e emprégase, por exemplo, para transportar a glucosa desde o sangue ao interior da célula.
-
difusión selectiva da información
[BIBLIOT]
Servicio regular de información dalgunhas bibliotecas a determinados usuarios, sobre materiais ou obras concretas adquiridas. Supón o coñecemento previo dos intereses bibliográficos dos destinatarios.
-
difusión simple
[BIOQ]
Mecanismo que consiste na difusión de moléculas pequenas, solubles nos lípidos, a través da matriz lipídica da membrana celular.