"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • Premio de pintura convocado dende 1997 polo Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular. Galardóase a mellor obra presentada ao certame e as mellores obras galega e portuguesa. Supón a exhibición, permanente e itinerante, das obras presentadas polas cidades pertencentes ao Eixo durante dous anos. Recibiron o premio Berta Álvarez Cáccamo e P. Proença en 1997; Paula Tavares, Simón Pacheco, Paulo Almeida e Carmen Senande en 1998; Edmundo Paz, Xurxo Alonso, Sebas Anxo e Joaquín Morales en 1999; Belén Padrón García, Henrique do Vale e Brais Rei Daporta no 2000.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato doméstico que funciona con enerxía eléctrica e se destina aos labores da casa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estimulación eléctrica dun tecido con finalidades terapéuticas ou experimentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado por Bosch i Gimpera en 1915 a un dos estilos pitóricos da cerámica ibera atopada na parte meridional do País Valencià e Murcia. Caracterízase polas figuras simbólicas, de dimensións considerables, humanas ou de animais, con elementos decorativos florais, vexetais e xeométricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deixar algo a alguén de forma provisional para que o utilice e despois o devolva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de emprestar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deixar algo a alguén de forma provisional para que o utilice e despois o devolva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de dar ou recibir algo emprestado.

    2. Préstamo que un goberno, unha institución pública ou unha empresa privada obtén por subscrición dun particular, obrigándose a pagar os xuros e a devolver o importe nun período determinado. Xeralmente, establécese a partición da débeda a través de títulos xenéricos, denominados obrigacións, cando o financiamento fai referencia á empresa e bonos ou títulos de débeda pública se se trata de organismos públicos. É unha fonte clásica de financiamento a longo prazo das grandes empresas e do Estado.

    3. Cantidade de diñeiro que se presta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ferida producida a unha cabalería polo rozamento do cabestro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de encabestrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer o cabestro ás bestas.

    2. Enlearse as bestas no cabestro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Meter algo nunha cesta ou cesto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Basílica situada en Ponferrada onde se venera a Virxe da Encina, patroa do Bierzo dende 1908. A súa orixe está nunha imaxe que san Toribio, bispo de Astorga, trouxo de Xerusalén preto do ano 450 e deixou en Astorga; catro séculos máis tarde, o bispo san Xenadio, ante a presenza dos árabes, trasladouna a Ponferrada. Permaneceu oculta nunha aciñeira ata que os templarios a localizaron cando construían a súa fortaleza cara ao 1200. Era unha imaxe bizantina da Virxe co Neno Xesús nos brazos; sen embargo, a imaxe que se venera data do s XVI e representa a Virxe, despois do parto, co Neno no colo. En 1958 o Papa Pío XII declarouna basílica. A primeira igrexa construíuse trala aparición da imaxe, mais ao redor de 1344 edificouse un segundo templo. En 1572 o bispo de Astorga, Diego Sarmiento de Sotomayor, autorizoulle ao abade de Carracedo a construción dun novo templo. En 1614 iniciouse a construción da torre. Ten planta de cruz latina, e o presbiterio e o cruceiro cóbrense con bóvedas de crucería....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enquisa de caracter trimestral realizada polo Instituto Nacional de Estadística (INE), que ten por obxecto coñecer as características da poboación con relación ao mercado de traballo. Achega as estimacións sobre as principais categorías poboacionais (ocupados, parados, activos, inactivos) e algunhas das súas características sociais e económicas (sexo, idade, nivel de estudios). Lévase a cabo por un procedemento de enquisa aleatoria. A EPA cobre todo o territorio nacional, disgregando para as comunidades autónomas resultados equivalentes ao coeficiente de variación das diferentes categorías.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte alta dun terreo.

    2. Peza de madeira do arado que vai do temón ata a parte inferior deste.

    3. Peza de madeira que regula a engrada do muíño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo concello da Terra de Santiago que integraba as parroquias da Barciela, Busto, O Carballal, Cesar, A Enfesta, Fecha, Grixoa, Marantes, Nemenzo, Sabugueira, Santa Cristina de Fecha e Verdía. Foi un dos concellos que se creou en 1836, trala definitiva instauración do municipalismo. O 29 de decembro de 1962 aprobouse a súa incorporación ao concello de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que se estableceu en Verín. As súas armas traen, en campo de azul, unha enfesta. A esta caste pertencen tamén os Enfesto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Santiago de Compostela baixo a advocación de san Cristovo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao lugar que é empinado e de difícil acceso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer algo mesto.

    2. Poñerse mesto algo.

    VER O DETALLE DO TERMO