"ILi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1725.

  • PERSOEIRO

    Duque de Borgoña (1363-1404) e conde de Artois, Borgoña, Flandres, Nevers, Rethel (1384-1404) e de Charolais (1390-1404). Feito prisioneiro na Batalla de Poitiers (1356), foi trasladado a Inglaterra, onde permaneceu ata 1360. Casado con Margarida de Flandres (1369), herdou do seu sogro o Franco Condado e Artois e, trala morte do seu irmán, Carlos V de Francia (1380), sucedeuno como rexente do futuro Carlos VI. Enfrontouse ao seu sobriño Luís de Orleans polo ducado de Luxemburgo (1402).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1179-1223), fillo de Luís VII e de Adela de Champagne. O seu reinado caracterizouse polos enfrontamentos constantes con Inglaterra, a súa participación na terceira cruzada (1191) e na cruzada contra os albixenses, e pola ampliación dos territorios do reino coas terras gañadas aos ingleses e aos condes de Flandres. Ademais, aumentou a autoridade real ao reducir o poder dos señores feudais, ao crear un consello asesor formado por membros da burguesía e ao reorganizar xudicial, financeira e administrativamente o goberno. Casou con Isabel de Hainaut, herdeira do condado de Artois e nai do seu herdeiro Luís VIII, e trala morte desta casou con Ingeborg de Dinamarca, de quen se divorciou, o que lle valeu o enfrontamento co Papa Inocencio III. Situou a capital do reino en París, onde fundou os Archives de France e construíu os primeiros edificios do Louvre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filipe V de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Orleans, de Chartres, de Valois, de Nemours e de Montpensier. Rexente de Francia durante a minoría de idade de Luís XV (1715-1723), durante o seu goberno puxo en práctica unha serie de medidas financeiras que levaron á facenda gala a unha grave crise, que acabou provocando a súa caída.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Savoia (1496-1497), conde de Bressa e señor de Buguey, fillo do duque Luís I. Mandou asasinar o chanceler do seu pai, G. Valperga, que o acusaba de estar ao servizo do rei de Francia. Combateu, xunto co duque de Borgoña, fronte ao monarca galo, co que pouco despois acabou reconciliándose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filipe III de Acaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei das coroas de Castela, Aragón, Portugal (Filipe II), de Navarra, do Franco Condado, dos Países Baixos, de Sicilia, de Sardeña, de Nápoles (Filipe II) e do Milanesado (1598-1621), fillo de Filipe II e Ana de Austria. Casado en 1599 con Margarida de Austria, nai do herdeiro Filipe IV, foi proclamado rei trala morte do seu pai (1598). Desde o primeiro momento confiou todas as tarefas de goberno ao seu amigo persoal F. Gómez de Sandoval-Rojas, duque de Lerma, que se converteu no enlace entre o Consello de Estado, renovado en 1600, e os restantes concellos da monarquía hispánica. En política exterior, nos primeiros anos do seu reinado continuou co enfrentamento coa monarquía inglesa e cos rebeldes holandeses. En 1601 produciuse o intento fallido de desembarco da flota española en Kinsale (Irlanda), pero a chegada ao trono de Xacobe I Stuart e a actividade diplomática do conde de Gondomar permitiron o asinamento dun tratado de paz en Londres en 1604. O enfrontamento cos rebeldes holandeses...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe anxevino de Tarento (Filipe II; 1364-1373), de Acaia (1370-1373) e emperador titular de Constantinopla (1364-1373), fillo segundo de Filipe de Nápoles. Sucedeu o seu irmán Roberto. Morreu sen fillos, polo que o seu herdeiro foi o seu primo Xaime del Baus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Borgoña (1419-1467) e conde de Flandres. Polo Tratado de Troyes (1420) recoñeceu a Enrique V de Inglaterra como rexente e herdeiro do trono francés, pero despois do Tratado de Arras (1435) recoñeceu a Carlos VII como rei de Francia. Casou primeiro con Micaela de Francia (1409), que lle achegou como dote as cidades de Somme e Boulonnais e gran parte da Picardia, e despois con Bona de Artois (1424) e con Isabel de Portugal (1430). Durante o seu goberno aumentou as súas posesións territoriais e asumiu a administración dos Países Baixos. A prosperidade económica permitiulle favorecer as artes e as letras. Foi o fundador da Orde do Vélaro de Ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1270-1285), fillo de Luís IX o Santo e de Margarida de Provenza. Participou en Tunisia na oitava cruzada, na que morreron o seu pai e o seu irmán. A morte dos condes de Toulousse en 1271 permitiulle engadir aos territorios da coroa Poitou, Auvernia, Aunis, o N de Saintonge, o condado de Tolousse e o señorío de Albi. Non obstante , cedeu ao papado o condado de Venaissin e a Inglaterra o Agenais e o S de Saintonge, a cambio de que o soberano inglés se declarase vasalo do rei de Francia. En política exterior apoiou ao seu tío Carlos I de Nápoles no seu enfrontamento co rei aragonés Pedro o Grande e casou ao seu fillo, o futuro Filipe IV de Francia, con Xoana I de Navarra. En 1284 enfrontouse no Rosellón e no Ampurdá a Pedro o Grande, que o acabou batendo no Coll de Panissars.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Navarra (1328-1343) e conde de Évreux. Casado en 1317 con Xoana II de Navarra, foi proclamado rei de Navarra en 1328, polo que se viu obrigado a renunciar os seus dereitos ao trono francés. Aínda que se enfrontou en varias ocasións co rei castelán Afonso XI, colaborou con este no sitio de Algeciras (1342).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei das coroas de Castela, Aragón (1621-1665), Portugal (Filipe III; 1621-1640), Navarra, Franco Condado, Países Baixos, Sicilia, Sardeña, Milanesado e Nápoles (Filipe III), fillo de Filipe III e Margarida de Austria. Casado por primeira vez con Isabel de Borbón (1615), continuou co goberno de validos co conde-duque de Olivares (1621-1643) e con L. Méndez de Haro (1643-1661). Na política exterior, a monarquía hispánica implicouse plenamente na Guerra dos Trinta Anos (1618-1648), ao ofrecer aos Habsburgo austríacos axuda militar e económica, e desde 1621 reanudou o seu enfrontamento con Holanda. Despois duns primeiros anos de vitorias como a dos tercios de Flandres en Breda (1625), a intervención de Francia no conflito e as vitorias holandesas en Bois-le-Duc (1629) e Maastricht (1632), levaron á monarquía hispánica a buscar unha solución pola vía diplomática. No eido da política interior, o conde-duque de Olivares tentou unha reforma financeira e tributaria baseada nas ideas dos arbitristas....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1285-1314) e de Navarra (Filipe III; 1284-1305), fillo de Filipe III de Francia e Isabel de Aragón. Casou en 1284 con Xoana I de Navarra e en 1286 foi coroado rei de Navarra. Polos tratados de Tarascó (1291) e Anagni (1295) concluíu as loitas cos aragoneses, que herdara do seu pai. Entre 1294 e 1296 enfrontouse aos ingleses e recuperou Guyenne e Gascogne, e no 1300 ao conde de Flandres, que foi liberado polos seus exércitos trala Batalla de Courtrai (1303). Estableceu unha pugna co Papa Bonifacio VIII por causa da bula Clericis Laicos (1296), que prohibía o pago de impostos ao poder civil por parte do clero. Impediu a saída das rendas francesas do papado e a entrada do clero nos Estados Xerais, ao que lle valeu a excomuñón. En 1312 obrigou ao papado a suprimir a orde militar dos Templarios e confiscou os seus bens.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Milán (1412-1417), fillo de Xoán Galeazzo I. Coñecido como Filipe María Visconti, sucedeu o seu irmán Xoán María I. Ocupou, entre 1416 e 1421, as cidades de Como, Lodi, Vercelli, Piacenza, Crémona, Bérgamo, Brescia e Xénova, o que provocou a alianza de Savoia, Venecia e Florencia para frear a súa expansión territorial. Tralos enfrontamentos, que tiveron lugar entre 1423 e 1441, viuse obrigado a ceder Vercelli, Bérgamo e Brescia e recoñecer a independencia de Xénova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filipe de Grecia e de Dinamarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote. No 1550 fundou a Confraría da Santísima Trindade para socorrer os pobres e os peregrinos. Trala súa ordenación (23.5.1551), continuou o labor de apostolado e reevanxelización entre os pobres e os máis novos de Roma, para o que fundou a Congregación do Oratorio ou Filipense, aprobada polo Papa Gregorio XII (1575). En certos países é patrón dos humoristas. Na iconografía represéntase como un home vello que viste xeralmente de sacerdote en funcións de culto (con alba, casula e manípulo); e que leva como atributos persoais, un corazón en chamas na man ou rodeado de azucenas, un bastón e rosario nas mans, mitra ou capelo cardinalicio no chan. A súa festividade celébrase o 26 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO