"Manu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 863.

  • GALICIA

    Escritor e profesor. É autor dos poemarios Paixom e morte dum condenado (1984), Poemas da luz e da loucura (1992) e O tempo demorado nos marmelos (2000). Como narrador publicou Epistolário em catro tempos (1985), As Weissleiver (1987), A fariña das horas (1998) e Ollos negros (2004). Como dramaturgo é autor de A noite das noites (1985, Premio de Teatro Breve da EDG, estreada en 1988), Maternidade (1992), Do goberno bipartito á autovía funeral (estreada en 1992), Amlet, voz e verbo (1999), Mumias no país de Luzetro (2000), Monólogo do fillo triste (2002), O vento da morte (2004) e O miradoiro (2005). Como ensaísta publicou edicións de O marinheiro de F. Pessoa (1985), do Entremés famoso sobre a pesca no río Miño (1989) e La primera luz (2000), e os libros Textos e contextos do teatro galego (1994), Rafael Dieste: a franqueza e o mistério (1995), A Coruña na historia (1999), Manuel Murguía (1999), Manuel Martínez Murguía (1999), Manuel Murguía e Arteixo (2000), Jenaro Marinhas del Valle,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista e fotógrafo estadounidense. Coñecido como Man Ray desde 1914, en 1911 instalouse en Nova York onde, na súa visita á exposición Armony Show (1913), descubriu a obra de M. Duchamp e F. Picabia, aos que coñeceu posteriormente e cos que inaugurou o movemento dadá en Nova York (1917). Desde 1915 dedicouse á fotografía e en 1921 trasladouse a París, onde coñeceu os surrealistas. Xunto coas súas fotografías (Le Violon d’Ingres, 1924) e pinturas, realizou varios filmes surrealistas e abstractos, como Madame la Baronne Elsa von Freytag Loringboven se rase le pubis (1920) e Le Retour à la raison (1923); ready-mades (Regal, 1921; Objecte perdut, 1923); retratos (Le portrait imaginaire de D.A.F. de Sade, 1938; Ava Gadner, 1950) e empregou o fotograma (Le baiser 1921). Publicou TNT (1919), New York Dada (1920) e 13 photografies et poèmes de Paul Eluard (1935). En 1940 trasladouse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Catedrático de Xeografía da Escola Superior de Comerç de Barcelona, participou nas actividades do Ateneo de Madrid e exiliouse en Reino Unido ao remate da Guerra Civil Española. Xefe de programación da sección española da BBC, coa colaboración de Plácido Castro creou o Galician Programme (1947-1956). Ademais, colaborou en diversas publicacións galegas en América. Foi membro non numerario da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e sociólogo. De orixe galega, doutorouse en Dereito e Ciencias Sociais na Universidad de Montevideo. Especialista en temas latinoamericanos, participou en diversas organizacións galegas e españolas en América. Escribiu Ideología, regiones y clases sociales en la España contemporánea (1963), Historia del movimiento obrero y social latinoamericano contemporáneo (1967) Sociología de América Latina (1970) e La Historiografía como ciencia histórica (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Brahmán hindú. Fundou a escola viśish ṭ ādvaita ou non-dualismo cualificado. A diferenza da filosofía advaita de Śankara, admite tres principios eternos: a alma, o mundo e Deus, e dálle importancia decisiva á devoción a Rāma con vista á liberación do círculo das reencarnacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Presbítero. Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, obtivo do goberno unha coenxía de graza na catedral compostelá (1853), administrou o hospital de Carretas e foi mestre de cerimonias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizador e guionista cinematográfico. Despois de realizar estudos de física electrónica na Universidade de Santiago de Compostela, trasladouse á Coruña para formarse na escola de Imaxe e Son. A súa andaina profesional ten como punto de partida o centro territorial de Televisión Española en Galicia, onde traballou como operador de cámara. O seu primeiro éxito veulle en 1996 coa curtametraxe Coruña imposible, coa que obtivo varios premios en certames nacionais e internacionais. Paralelamente á estrea desta obra, gañou unha praza como profesor, labor que compaxina coa súa actividade como director e guionista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xardineiro. Introduciu e aclimatou, no terreo do marqués de Santa Cruz, sementes, flores e froiteiras que procedían de Francia. Contou cun establecemento de plantas en Santiago de Compostela. Recibiu o título de cabaleiro da Orde Civil del Mérito Agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (A Coruña?) Arquitecto. Formouse na Escola Superior de Arquitectura de Barcelona. Desde 1977 é profesor na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Os seus primeiros traballos dirixíronse ao planeamento urbano e á ordenación do territorio, como o estudo sobre o impacto sobre o territorio da Autopista de Atlántico. Realizou a rehabilitación do cuartel da rúa do Hórreo para sede do Parlamento de Galicia en Santiago de Compostela (1987, Premio Julio Galán Carvajal en 1991) e, xunto con Albert Pineda, o Hospital Marítimo de Oza na Coruña (1995-1997, Premio Julio Galán Carvajal en 1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, na especialidade de Prehistoria e Arqueoloxía, participou en diversas campañas arqueolóxicas na comunidade galega. Escribiu, entre outras, Guía dos castros de Galicia (2000) e Castelao e nós (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e relixioso. Organizador do Movemento Rural Cristián Galego, colaborou nas revistas Encrucillada e Irimia, e na tradución (1989) da Biblia ao galego. Publicou, entre outras obras, Un caxato para o camiño (1988), poesía; Chorimas (1991), poesía; Co evanxeo pola man (1992), ensaio; Historia da igrexa galega (1994), con J. García Oro e A. López Rivas; No nome do Pai: caderno de oración (1996), A partir de hoxe: relatos para a formación de comunidades cristiás no mundo rural (2000), Xuntos facemos pobo (2001) e Roxelio Subiela, a graza dun home de aldea (2003), do que foi editor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ensaísta. Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, especializouse no eido da literatura, con estudos sobre Curros Enríquez, Ramón Cabanillas e Celso E. Ferreiro. Publicou tamén diversos traballos sobre Castelao, como as antoloxías Castelao e Sempre en Galiza (1996) e Arte e verdade (A obra literaria de Daniel Castelao) (1991), ademais da biografía Alfonso Daniel Castelao (1999), e do traballo Literatura galega, século XX (2001), en colaboración con outros autores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico, político e etnógrafo. Doutor en Medicina (1960), especializouse no aparato dixestivo. Presidiu a comisión encargada da redacción do Estatuto de Autonomía para Galicia, coñecido como Estatuto dos 16, e foi alcalde da Estrada. Realizou estudos etnográficos, artísticos e históricos sobre o concello da Estrada e o seu contorno, dos que destacan Guía turística de La Estrada (1976), Marcas de canteiros de la desaparecida Torre de la Barreira (1976), Cruceiros e cruces no nordeste da provincia de Pontevedra (1985, premio de investigación da Deputación de Pontevedra 1981), Un médico na aldea (1992) e, con J. Espiño Matos e M. Sinde Lema, El camino de Santiago por el sudeste (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Da súa produción destacan Andantes y allegros (1877), La vida inquieta (1894), El jardín de los poetas (1899) e Robles de la selva sagrada (1906).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cartógrafo. Foi piloto mercante e auxiliar facultativo e minas. Colaborou con G. Schulz na realización do mapa petrográfico e mineiro de Galicia e nos mapas xeográfico, mineralóxico e orográfico de Asturias. Fixo o mapa topográfico e mineiro do Barranco del Rey de Sierra Albanilla (Almería). Foi vicepresidente do Comité Rexionalista de Lugo e representou a Ribadeo na deputación provincial. Escribiu Ferrocarril de Lugo a Ribadeo y puente de Ribadeo a Castropol (1878) e El puente de Ribadeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista, fillo de Manuel Remuñán García. Doutor en Dereito pola Universidad de Madrid, foi profesor de dereito internacional público e relacións internacionais na Universidade de Santiago de Compostela. Destacou o seu labor na conservación do patrimonio histórico da cidade compostelá. Membro do Seminario Estudos Galegos, da Asociación Española de Derecho Internacional e académico correspondente da Real Academia Galega, escribiu diversos estudos sobre dereito internacional e relacionados con Santiago de Compostela. Recibiu a Medalla Castelao (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e crítico literario. Profesor de literatura española na Universidade de Santiago de Compostela e fundador da primeira Sociedad Filarmónica Compostelana, participou en diversos parladoiros literarios, como o do Café Español. Influído polo modernismo e polas lecturas de Góngora, Lope de Vega, Garcilaso de la Vega e Quevedo, foi autor de numerosas poesías e artigos de crítica musical e teatral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Zoólogo alemán. Estudou as condicións de especialización climática nos animais, a fauna das illas da Sonda, a psicoloxía animal e a filosofía natural. Escribiu Evolution Above the Species Level (1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Doutor en Dereito pola Universidad de Santo Domingo, foi presidente da Cámara Oficial de Comercio, Agricultura e Industria e membro do Comité de Protección da Infancia adscrito á ONU. Colaborou co presidente Rafael L. Trujillo Molina e foi nomeado ministro de Industria, Comercio e Banca do seu goberno. Colaborou na prensa galega como Faro de Vigo e escribiu Curso de Contabilidad e Alejandro el Grande.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor. Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación. Formou parte en 1974 dun grupo de renovación pedagóxica que promovería a creación do Movemento Cooperativo da Escola popular Galega, xerme do Movemento de Renovación Pedagóxica de Galicia. Pertenceu ao Consello Escolar de Galicia e ao Equipo de Formadores en Didácticas Específicas que elaborou o Plan Galego de Formación Continuada do Profesorado de Niveis non Universitarios, e foi director do Centro de Formación Continuada do Profesorado de Santiago de Compostela. Entre as súas obras, enfocadas cara á programación didáctica e de formación docente, destacan, A planificación da formación do profesorado en Galicia (1992), A Reforma educativa: contribución a un debate, claves para unha análise da reforma educativa (1991), Guías para a elaboración de proxectos curriculares de Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria (1994) e La Función directiva en los centros educativos en el marco de la LODE,...

    VER O DETALLE DO TERMO